O ‘Obradoiro de Sabores’ de Galicia conquista Lisboa

A Consellería de Medio Rural e do Mar, en estreita colaboración coa comunidade galega na capital portuguesa e a Secretaría Xeral da Emigración, organizou ‘Obradoiro de Sabores’, una acción especial, na que se deron a coñecer a destacados especialistas en materia gastronómica e enolóxica os produtos galegos amparados por denominación de orixe e marcas de calidade, achegados pola propia Consellería de Medio Rural e do Mar.


|




A Consellería de Medio Rural e do Mar, en estreita colaboración coa comunidade galega na capital portuguesa e a Secretaría Xeral da Emigración, organizou ‘Obradoiro de Sabores’, una acción especial, na que se deron a coñecer a destacados especialistas en materia gastronómica e enolóxica os produtos galegos amparados por denominación de orixe e marcas de calidade, achegados pola propia Consellería de Medio Rural e do Mar.



A idea de dar a coñecer Galicia e a súa calidade compleméntase sempre co traballo dalgún profesional con ampla reputación e experiencia na materia. Nesta ocasión, os produtos de calidade galegos foron base para a realización de oito sesións de show cooking (lección maxistral de cociña) ao longo de tres xornadas, por parte de Lucía Freitas, da Tafona Casa de Xantar, integrante do Grupo Nove e finalista para ‘cociñeira do ano 2016’.


A cada un destes show cooking asistiron 24 profesionais de distintos ámbitos relacionados coa escolma e adquisición de alimentos de calidade, dos sectores da restauración, distribución, pequeno e mediano comercio, tendas delicatessen, hostalaría, etcétera. Desta maneira, ‘Obradoiro de Sabores’ achegou o máis selecto da produción galega a case duascentas das persoas máis influentes á hora de seleccionar as compras deste tipo de mercadorías na capital portuguesa.



Ademais dos produtos do ‘Obradoiro de sabores’, participaron nesta acción especial producións cedidas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Industria e Comercio, e tamén material de promoción turística e cultural da Axencia de Turismo de Galicia.



Trátase dunha nova acción das moitas que desenvolve ao longo do ano a Xunta de Galicia, a través da colaboración de Emigración coas comunidades galegas en todo o mundo, para aproveitar a presenza da poboación galega noutros puntos de España, Europa e América para dar a coñecer unha imaxe actual, moderna e real da cultura e calidade galegas.


Galicia, protagonista


Nesta ocasión, e tamén por iniciativa de Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa, Galicia foi unha das protagonistas das actividades desenvolvidas polo Instituto Cervantes da capital portuguesa co gallo do Día Europeo das Linguas. As actividades, destinadas a tódalas idades e todo tipo de participantes, incluían curtametraxes, obradoiros de creación literaria, actuacións musicais, e accións de coñecemento de oito idiomas europeos, e congregaron a centenares de veciños da capital do país veciño.



Os produtos galegos e a promoción de Galicia como destino cultural, gastronómico, monumental, e turístico en xeral, foi un dos eixos fundamentais do programa posto en marcha polo Instituto Cervantes, que desenvolveu as actividades desta data sinalada nos xardíns do Pazo da Xuventude de Galicia na capital lisboeta.





Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE