OPERACION PIRAÑA

A Fiscalía pontevedresa e as defensas negocian un acordo tras a confesión do clan Vázquez Roma

"Por haber querido solucionarles media vida se la ha jodido a un montón de ellos", dixo a letrada.


|

Ramiro Vázquez Roma, narcotraficante , xefe do Clan Roma, nun momento do xuizo, en Pontevedra

 

O Ministrio Fiscal de Pontevedra e as defensas dos principais acusados do clan Roma están a negociar un acordo para rebaixar as penas que se solicitan para os procesados pola descarga frustrada de tres toneladas de cocaína en 2007, na coñecida como "Operación Piraña". A confesión xefe do Clan, o narcotraficante Ramiro Vázquez Roma foi o primeiro paso.


Dos sete primeiros declarantes, só dous negaron a súa implicación, Juan Antonio Garre e Jorge Lorenzo Santiago.


A avogada do líder confeso desta trama de narcotráfico, a letrada pontevedresa Nuria Llarena, admitiu que "efectivamente hay conversaciones con la Fiscalía, ya las hubo con carácter previo al juicio".Por este motivo a defensa de Vázquez Roma non presentou "cuestiones previas", coma si fixeron outros avogados que reclamaron a anulación das escoitas telefónicas de Vixilancia Aduaneira, cuestión que se repite en casi todos os xuizos de estas caracteristicas.


A avogada de Vázquez Roma recoñeceu que "hay una serie de conversaciones que no están cerradas" e que se basean no recoñecemento dos feitos por parte do seu cliente.


Nuria Llarena asegurou que, tal e como afirmou durante o xuízo, Vázquez Roma está "plenamente arrepentido y no solamente por su propia participación sino por haber contado con otras personas de su entorno".


"Por haber querido soluciornales media vida se la ha jodido a un montón de ellos", dixo a letrada.


Se cristaliza ese acordo haberá unha rebaixa de penas aínda que a avogada dixo non poder concretar en que termos.


Tras o paso adiante dado por Vázquez Roma foron confesando, ou teñen previsto facelo durante a xornada deste martes, gran parte dos acusados que sentan con el no banco da Audiencia pontevedresa.


"Las conversaciones están abiertas con el fiscal porque sin un reconocimiento de los hechos íntegro no había opción ni lugar a ninguna otra cosa", tal e como matizou ás partes a propia Fiscalía.


Co acordo e as atenuantes que as defensas tentan que prosperen, agardan que supoñan unha rebaixa nas penas e tamén na contía das multas. No caso de Ramiro Vázquez Roma a petición inicial é de 27 anos e unha multa de 600 millóns de euros.

A Nai Coraxe, galega, Carmen Avendaño, asistiu a semana pasada a primeira sesión do xuizo

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE