​A Xunta financia en Lugo cinco obradoiros nos que traballan e se forman menores de 16 concellos

|


A delegada territorial, Raquel Arias, participou hoxe en Guitiriz no acto de inauguración do obradoiro Asistencia Chaira Sur, no que traballan e se forman 15 mozos en atención socio sanitaria a persoas no domicilio, e que está financiado pola Xunta con 130.000 euros.


Arias estivo acompañada pola alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, concello promotor deste obradoiro, e os rexedores de Begonte, José Ulla; Rábade, Francisco Fernández, e Xermade, Roberto García, que tamén están adscritos a esta iniciativa. A delegada instou aos participantes a “aproveitar esta oportunidade” de formarse ou mellorar as súas competencias curriculares ao tempo que reciben unha remuneración polo traballo que realizan. “Nun ámbito, ademais, como é a dependencia, que está a ser”, segundo recalcou, “un dos nichos máis dinámicos no que atinxe á creación de postos de traballo”.



Asistencia Chaira Sur é un dos cinco obradoiros que se están a desenvolver na provincia de Lugo ao abeiro da orde que, baixo a denominación YEI, aplicouse este ano por primeira vez especificamente dirixida a menores de 30 anos en situación de desemprego. A Xunta adica ao seu desenvolvemento, do que se benefician en conxunto 75 alumnos traballadores e no que están implicados 16 concellos, 653.228 euros.



Arias puxo en valor que os obradoiros, ademais de dar emprego aos alumnos traballadores, tamén permite xerar outros empregos, “unha vintena só no que atinxe aos YEI, 60 se sumamos a totalidade do persoal, como monitores ou persoal administrativo dos 15 obradoiros que a Xunta financia na provincia”.



En total, a Xunta de Galicia adica 2,5 millóns de euros ao desenvolvemento de 15 obradoiros de emprego na provincia (cinco deles YEI) dos que se benefician preto de 300 alumnos traballadores e nos que están implicados 42 concellos.


Outros obradoiros YEI


Operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas e traballos de carpintería e moble é a especialidade que se imparte no obradoiro Ulla-Miño III que comparten os concellos de Palas de Rei, Portomarín, Antas de Ulla e Taboada.


Caíño Tinto, no que están implicados Pantón, O Saviñao e Sober, céntrase nas repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e na montaxe e instalación de construcións de madeira.



No obradoiro compartido por Baralla, As Nogais, Láncara e Triacastela, Neira de Jusa III, impártense as especialidades de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e operacións de formigón.



Por último, o programa mixto de emprego Ría do Masma que se está a desenvolver no concello de Foz céntrase na instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress