#Claves de la semana
PONTE DA LIMA UN EXPONENTE DA COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

A cooperación transfronteiriza con Expourense, peza clave na promoción do turismo de proximidade en Ponte de Lima

A Cámara Municipal portuguesa presentou a súa campaña “Em época baixa, Ponte de Lima em Alta” que ten o obxectivo de desestacionalizar o turismo e atraer visitantes dende novembro ata marzo


|

O Presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima (Portugal), Enx. Victor Mendes


“A relación de cooperación transfronteiriza entre Ponte de Lima e Expourense é perfecta e ten sido fundamental para dinamizar o turismo de proximidade na nosa cidade. Dende que participamos en Xantar somos conscientes do importante que é organizar eventos que poñan en valor os produtos endóxenos e de excelencia do noso territorio vendo como a través deles dinamizamos a economía local e da rexión do Alto Minho”. Con estas palabras definía o presidente da Cámara Municipal de Ponte de Lima, Enx. Vitor Mendes, a relación de cooperación existente entre esta cidade portuguesa e Expourense.


Foron pronunciadas onte durante a presentación da nova campaña turística “Em época baixa, Ponte de Lima en Alta 2015/2016” que ten o principal obxectivo de desestacionalizar o turismo de proximidade na cidade atraendo turistas dende novembro a marzo a través da organización de 11 feiras diferentes que se celebrarán durante as fins de semana. “Serán 11 feira máis unha, xa que consideramos a Xantar como un evento común”, indicou o alcalde. E é que o calendario destes eventos deixou un oco na semana de Xantar, que se celebra entre o 3 e o 7 de febreiro de 2016, para que nesta ocasión sexan os vecinos de Ponte de Lima os que visiten Ourense. Xa está confirmada a presenza desta cidade cun stand promocional e cun día adicado. Pola súa parte, Xantar promocionarase nos eventos vencellados á gastronomía.

Alejandro Rubín, director xerente de Expourense (España)


Nesta presentación da campaña participou como convidado especial o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, quen situou a esta cidade como “unha referencia á hora de dinamizar o turismo en inverno a través da organización de eventos que xiran sobre as potencialidades do seu territorio e que marcan a diferencia con outras cidades da contorna”. Rubín aproveitou para convidar aos vecinos a participar en Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, e tamén en Termatalia, o principal punto de encontro do turismo termal internacional xa que, segundo referiu “dinamizar o turismo de proximidade é moi importante pero hoxe en día xa non é suficiente, hai que ir pensando máis alá e atraer tamén a visitantes internacionais”.


Durante esta presentación á que acudiron representantes institucionais, empresariais e numerosos medios de comunicación, foron promovidas as edicións de Xantar e Termatalia 2016 que terán ambas as dúas a México como protagonista. O Estado mexicano de Morelos será o convidado en Xantar (3 a 7 de febreiro) e a vindeira edición de Termatalia celebrarase no Estado de Coahuila entre o 29 de setembro e o 1 de outubro.


Calenadario de feiras da campaña “Em época baixa, Ponte de Lima em Alta”


13 a 15 de novembro - V Feira do Ambiente e Energia

27 a 29 de novembro - I Festival da Carne Minhota


04 a 06 de decembro - IV Festa da Gente Miúda e do Livro Infantil

11 a 13 de decembro - V Festival do Bacalhau e da Doçaria

18 a 20 de decembro - I Feirão de Natal


15 a 17 de xaneiro - IX Verde Noivos

29 a 31 de xaneiro - VII Feira do Porco e as Delícias do Sarrabulho


03 a 07 de febreiro – Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico – Ourense.

12 a 14 de febreiro - II Expo Saúde/Desporto

26 a 28 de febreiro - I Feira 100% Agrolimiano


04 a 06 de marzo - II Feira dos Jardins e Espaços Verdes

18 a 20 de marzo - III Feira Gastronómica da Lampreia

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE