Transformers

Manuel Fernando González Iglesias


Manuel 13

A decisión do Tribunal Constitucional de impoñer o seu criterio por unanimidade precisamente ás tres formacións constitucionalistas enténdese como unha táctica intimidatoria contra os que xa anunciaron que van saltarse a legalidade vixente. Ou sexa, como dicían antes os xastres, sinala o lugar contrario no que van descargar paquete os honorables maxistrados a próxima semana.


Agora ben, os que sí deixan ao persoal desconcertado non son os tan eminentes xuristas, senón os irredentos independentistas, quen, coa Presidenta Forcadell á cabeza, mostraban na xornada do xoves a súa "enorme satisfacción" pola decisión do Alto Tribunal, ao que, sen rechistar, obedeceron instantáneamente na súa decisión de permitir o pleno do luns. Ou sexa: Agora Obedezo. Como queira que todos damos por sentado que teremos o luns declaración de tocata e fuga de España por parte dos mesmos satisfeitos parlamentarios, ese día haberá que apuntar na outra casilla a frase: Agora desobedezo.


E así esfollando a "margarida constitucional" é como pensan pasar os días quen lles fixeron a próxima campaña electoral ao Partido Popular e por suposto, a Ciudadanos, que é o "gran tapado" dos electores españolistas que seguen sen ver ao PSOE como o partido político que garanta a estabilidade social na próxima lexislatura e moito menos en Catalunya. Polo que se ve, o federalismo aínda non vende o suficiente.


Se deste lio saímos con vida como país, será un verdadeiro milagre, e Europa seguindo o noso exemplo atoparía o seu verdadeiro camiño baixo a dirección de "tranformers" en lugar de líderes con ideoloxía e sentido común. É dicir, que os Adenauer, Monnet, Schuman e Gasperi --pais fundadores da Unión Europea-- pasarán a ser xa figuras anacrónicas do que puido ser, pero nunca será o soño de millóns de cidadáns, quen a partir de agora terán que afacerse ao xogo do sí e do non dos seus políticos sen que pillalos en tantas mentiras e contradicións lles supoña un castigo electoral, senón todo o contrario.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE