#Claves de la semana
PREMIOS DA CRITICA DE GALICIA 2015

"A viaxe de Gagarin", de Agustín Fernández Paz, Premio da Crítica de Galicia

O Pazo dos Escudos de Vigo acolleu este sábado o xantar no que se entregaron os galardóns.


|


Vigo acolleu este sábado no Pazo dos Escudos a entrega dos Premios da Crítica, que este ano celebraron a súa XXXVIII edición e que na categoría de creación literaria premiaron a obra "A viaxe de Gagarin", de Agustín Fernández Paz.


Nesta edición foron premiados, ademais, na categoría de música, para Guadi Galego; na categoría de iniciativas culturais, para Cineuropa; para Miguel Vila, na modalidade de cultura gastronómica; na de artes plásticas, para Xaquín Marín. En investigación, resultou galardoado o traballo “Historia da literatura galega II” de Xosé Ramón Pena Sánchez, e finalmente en artes escénicas a obra “Pan, Pan” de A Panadería Teatro


No pazo Os Escudos déronse a coñecer os premios no decurso dun xantar no que se xuntaron trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Goretti Sanmarín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Xosé Ramón Besteiro, secretario do PSdeG-PSOE ou Elena Muñoz, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, entre outros.


Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, abríu o acto, conducido por María Xosé Porteiro, saudando aos asistentes e lembrando a traxectoria destes premios que chegan a súa triséxima oitava edición. Rematou Bieito Ledo lembran que “cando todos os galegos deixemos de pedir perdon por que chove, Galicia será nosa”.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que presidiu a entrega dos galardóns, afirmou que os Premios da Crítica buscan enxalzar a vitalidade da cultura galega, e considerounos unha mostra do espírito creativo e artístico de Galicia.


Creatividade galega


Así, o mandatario galego recoñeceu que en cada un destes premios “hai algo vivo; hai movemento, actitude, innovación. É o que se chama creatividade”, sinalou, e Galicia “está viva porque sabe crear”. Este rebulir constante de ideas, proseguiu, está presente en eidos como a literatura, a música, as artes plásticas e visuais, as producións escénicas e audiovisuais, na investigación, en diversas iniciativas para difundir os valores da cultura galega e, incluso, na cultura gastronómica da Comunidade; as modalidades que distinguen estes premios.


"Este rebulir constante de ideas está presente en eidos como a literatura, a música, as artes plásticas e visuais, as producións escénicas e audiovisuais, na investigación, en diversas iniciativas para difundir os valores da cultura galega e, incluso, na cultura gastronómica da Comunidade; as modalidades que distinguen estes premios", proseguiu.


Segundo dixo, cada un dos traballos que optan a estes recoñecementos supoñen unha suma de propostas dentro da diversidade cultural de Galicia. E, nesta liña, o titular da Xunta felicitou á Fundación Premios da Crítica Galicia por estes galardóns.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE