#Claves de la semana
ESPERA EMPEZAR COAS PROBAS EN 2016

O Ministerio de Fomento aborda a segunda rolda para a selección dos proxectos para a A-8

Os problemas de visibilidade prodúcense sobre todo no Alto do Fiouco, entre Abadín e Mondoñedo, o que obriga ás autoridades para cortar periódicamente o tráfico


|

A ministra de Fomento, Ana Pastor, informou de que “nestes días se está a manter xa a segunda rolda” para a selección dos proxectos” para a A-8, co obxectivo de evitar as complicacións que produce a néboa nesta autovía.


“Presentáronse proxectos moi interesantes, especialmente por parte de empresas, de universidades galegas, e dende logo a idea é o xa poder licitar a adxudicación a escala real, para poder empezar xa as probas o ano que vén, o ano 2016″, explicou a preguntas dos xornalistas durante a presentación da campaña de vialidade invernal na Cañiza (Pontevedra).


Ao respecto, expuxo que a A-8 é unha autovía que ten “problemas de néboa” e na que, por iso, “hai restricións de tráfico”, de modo que “se lanzou un concurso no que se presentaron 12 ou 13 proxectos para ver qué sistemas máis avanzados pode haber para evitar a néboa que se produce por estar o viaduto a unha altura moi elevada”.


Nestes “días”, segundo apuntou, estase a manter xa a segunda rolda para a selección dos proxectos, porque hai que facer os prototipos a escala real”.


UNHA FALECIDA EN XULLO DE 2014


En xullo de 2014, unha muller morreu e unhas 40 persoas resultaron feridas de distinta consideración ao rexistrarse un accidente múltiple ao paso da autovía pola localidade lucense de Abadín. Dende entón, Fomento reforzou a sinalización na estrada e sucedéronse numerosos cortes de tráfico debido á baixa visibilidade.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE