#Claves de la semana
ANIMOU A TRABALLAR, TODOS UNIDOS EN PRO DA "MARCA OURENSE"

Domènec Biosca anima a Ourense, imitar a Málaga e convertir a chegada do AVE nun "milagro económico"

Doménec Biosca afirma na Confederación de empesarios de Ourense que “o AVE significará para Ourense o que os ourensanos se propoñan”


|

CEOOURENSEBIOSCAYPUBLICO

José Manuel Pérez(i) Canal, Manuel Baltar(c) y Doménec Biosca (d)

 

O profesor e experto en dinamización turística Doménec Biosca augurou que "o AVE significará para Ourense o que os ourensáns se propoñan", despois de lembrar o "milagre" que supuxo a chegada da alta velocidade para Málaga.


Así o sinalou durante a xornada 'Estratexias para un futuro con Ourense como destino turístico. Aproveitamento da chegada do AVE', organizada pola Confederación de Empresarios (CEO) en colaboración coa Deputación.


O encontro contou coa presenza dos máximos representantes de ambas as institucións, José Manuel Pérez Canal, e Manuel Baltar, respectivamente.


Doménec Biosca lembrou as vantaxes que supuxo a chegada do AVE para localidades como Valladolid, Xirona, Barcelona, Sevilla e Málaga. Detívose especialmente neste último caso, onde dixo que a chegada da alta velocidade "supuxo un espectacular despegamento e convertela nunha nova Barcelona".


Neste sentido, animou aos empresarios e institucións provinciais a aproveitar a posta en marcha desta nova vía de comunicación para convertela nun novo motor económico para a cidade e a provincia.


Para iso, considerou tan importante como o liderado institucional "a actitude dos propios ourensáns á hora de resaltar e rendibilizar os moitos valores dos que dispón a provincia, facendo un rogo e unha recomendación que sexan os ourensanos os que crean en eso".


Avogou por unha aposta clara pola "Marca Ourense", de prestixio e dos valores que ten a provincia para atraer investimento. "Pero todo elo necesita de moito optimismo e nada de fatalismo, porque se vostedes (os ourensáns) non cren no que lle poden ofrecer ao mundo os turistas e os cartos fuxirán". 


Coincidiu con Baltar e Pérez Canal en que a chegada do AVE "impulsará a economía da provincia de Ourense como xa aconteceu noutros territorios de España, onde se ve claramente que existe un antes e un despois. Para acadalo, a receita é: ofrece un excelente "menú de oportunidades" ben conxuntado, optimismo e capacidade para innovar día a día, sen deterse nin un segundo para ollar cara atrás


Con todo, lembrou que "os novos retos han de responder as demandas dos visitantes, ofrecendo servizos coordinados".


Entre estes, propuxo dispoñer de 'wifi' gratuíto nas rúas e información de todos os eventos en distintas zonas, así como a necesidade de "institucionalizar unha estratexia destinada a fidelizar aos clientes que visitan" a cidade.


Outra das iniciativas que deu a coñecer foi a de propínaa 'dixital', que consiste en que os clientes se fagan unha foto en cada negocio ou en cada destino, diante dos produtos á venda coas marcas detrás (unha especie de '"photocall'), para lograr un efecto multiplicador a través das redes sociais.


"CREO EN OURENSE"


O presidente da Deputación, Manuel Baltar, aproveitou o reto e volveu utilizar o acrónimo da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), para traducilo como "Creo-En-Ourense", espírito que ao seu xuízo debe subxacer na iniciativa para desenvolver para prepararse ante a chegada da alta velocidade ferroviaria. 


Destacou tamén os valores de todo tipo que posúe a provincia, así como algunhas das accións impulsadas desde a institución que preside, como o "ICC Week" que tivo lugar meses atrás e que "constitúe unha aposta polo futuro a través das novas tecnoloxías" ou "as oportunidades inmediatas" que se lle presentan á provincia de Ourense para posicionarse e difundir as súas potencialidades, como é a próxima Volta Ciclista a España, "unha das tres probas por etapas" -xunto con Xiro de Italia e Tour de Francia- máis importantes do mundo, "que sairá de Ourense o 20 de agosto e terá destacado protagonismo noutras dúas etapas, cunha chegada en Luintra e unha saída en Maceda".


Manuel Baltar, defendeu a importancia de potenciar a "Marca Ourense" desde a cooperación, a innovación e a idea de "crer para crear", a chegada do AVE en 2018 será un factor de cohesión "que contribuirá a unir o gran "puzzle" de potencialidades que temos na nosa provincia nos ámbitos cultural, turístico, tecnolóxico, gastronómico, empresarial e termal; e para que todas as pezas encaixen debemos ser quen de aproveitar as condicións e oportunidades que temos para achegar esa realidade económica e competitiva",


Tamén lembrou o Plan "Ourense, a provincia termal" que a Deputación está a desenvolver conxuntamente coa Xunta de Galicia, e citou como exemplo da boa promoción que se está a facer neste ámbito o feito de que "os balnearios da provincia tiveron na pasada ponte da Constitución unha ocupación do 100 %".


Outros importantes aspectos de promoción turística que estamos a vivir, en opinión de Manuel Baltar, son os traballos para lograr que a Ribeira Sacra sexa distinguida como Patrimonio Mundial da Unesco, e a oportunidade que suporá de promoción deportiva que o COB xogue na ACB na vindeira tempada. "Todo iso, unido a que en Ourense contamos co centro de I+D+I máis importante de Galicia, a Tecnóple; que somos líderes en denominacións de orixe vitivinícola e na exportación de lousa, e tamén recoñecidos internacionalmente polo nosos sectores termal, agroalimentario e textil, fai que se abra ante nós un futuro do máis alentador que temos que saber aproveitar con impulso que nos dará a chegada da alta velocidade en 2018".


Na presentación, Pérez Canal, puxo de manifesto a disposición da Confederación Empresarial de Ourense e dos empresarios para impulsar a estratexia que nos sitúe nas "mellores condicións para rendibilizar a chegada do AVE a Ourense". Destacou que "o destino colocounos como porta de entrada a Galicia desde a meseta, circunstancia que tamén pode constituír un valor no futuro". Aproveitou para lembrar  "a existencia de once parques empresariais en toda a provincia, con 300.000 metros cadrados de chan dispoñible; unha cidade atractiva e moderna, con outros enclaves repartidos pola provincia de gran beleza e con importantes recursos históricos, monumentais e paisaxísticos. Todos eles destinos cómodos e seguros, con aloxamentos de calidade a prezos alcanzables". 

 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE