#Claves de la semana
XVIII CATA DE QUEIXOS E DA XIV CATA DOS MELES DE GALICIA

Queixos e meles de campionato


|

Foto de familia dos Premiados 2015


Parador de Santiago acolleu a entrega dos premios da XVIII Cata dos Queixos de Galicia e XIV Cata dos Meles, acto presidido pola conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez. A esta edición presentáronse 61 queixos de 39 queixerías e 22 meles de 14 industrias apícolas.


Os premiados en cada unha das distintas denominacións foron os seguintes: no que abrangue a IXP Meles de Galicia, e na categoría de multiflorais, Mel de Monfero acadou a medalla bronce; O Trobo Mel do Valadouro foi prata e Barbanzamel, ouro. Na categría de monoflorais outorgousoe un único premio a Alfimel, que acadou Medalla de Ouro.


No que se refire aos queixos, na D.O.P. Queixo Tetilla, Queinaga foi bronce; Bo-Queixo, prata e Daniberto, ouro; Na D.O.P. Arzúa-Ulloa, Pazo de Anzuxao levou o bronce, prata para Ruta Xacobea e ouro para Bo-Queixo; tamén se ourgou unha Medalla de Ouro na modalidade de Curado a Barral.


Na D.O.P. San Simón da Costa, Casleiras acadou o bronce, mentras que Prestes levou unha prata e Don Crisanto foi ouro; pola súa banda na D.O.P. Cebreiro entregouse unha única distinción a Castelo.

Ángeles Vázquez destacou os datos de facturación das 72 queixerías galegas amparadas baixo os consellos reguladores, que produciron en 2014 máis de 5.000 toneladas de queixo, cun valor económico estimado de máis de 31 millóns de euros. Tamén, no caso do mel amparado pola Indicación Xeográfica Protexida, cunha produción que o ano pasado superou os dous millóns de euros.


RELACIÓN DOS PREMIADOS


XVIII CATA DOS QUEIXOS DE GALICIA – 2015


D.O.P. QUEIXO TETILLA

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DANIBERTO” – Daniberto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)

2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)

3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)

4º POSTO E DIPLOMA: “TERRA DE MELIDE”– Lácteos Terra de Melide, S.L. (Melide – A Coruña)

5º POSTO E DIPLOMA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)

6º POSTO E DIPLOMA: “MOECHE” – Lácteos de Moeche, S.L. (Moeche - A Coruña)


D.O.P. ARZÚA-ULLOA

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BO QUEIXO” – José Castro Tejo (Boqueixón – A Coruña)

2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “RUTA XACOBEA” – Alimentos Ruta Xacobea, S.L. (O Pino - A Coruña)

3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “PAZO ANZUXAO” – Lácteos Anzuxao, S.L. (Lalín - Pontevedra)

4º POSTO E DIPLOMA: “QUEINAGA” – Queinaga, S.A.T. (Curtis – A Coruña)

5º POSTO E DIPLOMA: “ARQUESÁN”– Agro Despensa, S.L. (Touro – A Coruña)

6º POSTO E DIPLOMA: “ARTELAC” – Antonio Ferreiro Ferreiro (Antas de Ulla – Lugo)


D.O.P. ARZÚA-ULLOA CURADO

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARRAL” – Queixería Barral, S.L. (Arzúa – A Coruña)


D.O.P. SAN SIMÓN DA COSTA

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “DON CRISANTO” – Crisanto, S.A.T. (Vilalba – Lugo)

2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “PRESTES” – Queixería Prestes, S.L. (Vilalba – Lugo)

3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “CASLEIRAS” – Queixería Cas Leiras, S.L. (Vilalba – Lugo)


D.O.P.CEBREIRO

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “CASTELO” – Castelo de Brañas, S.L. (Pedrafita do Cebreiro – Lugo)


XIV CATA DOS MELES DE GALICIA 2015


CATEGORÍA A: MELES MONOFLORAIS

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)


CATEGORÍA B: MELES MULTIFLORAIS

1º POSTO E DISTINCIÓN DE OURO: “BARBANZA MEL” Abelleiros Fidosa, S.L. (Porto do Son - A Coruña)

2º POSTO E DISTINCIÓN DE PRATA: “O TROBO MEL DO VALADOURO” – María Fe Sixto Pernas (O Valadouro – Lugo)

3º POSTO E DISTINCIÓN DE BRONCE: “MEL DE MONFERO” Josefa María Durán Casal (Monfero - A Coruña)

4º POSTO E DIPLOMA: “MEL O TESTEIRO” – María Munín Taboada (Lalín - Pontevedra)

5º POSTO E DIPLOMA: “ALFIMEL” – Josefa Paz Vizoso (Burela – Lugo)

6º POSTO E DIPLOMA: “MEL DO SALDOIRO” – Antonio Gómez Tapia (Lalín - Pontevedra)

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE