Estudantes de oito países familiarízanse no campus coa lingua e a cultura galega
O país con máis alumnos e alumnas matriculadas foi México, seguido de Alemaña e China
Unha visita ao Museo do Mar de Galicia puxo fin a a catro intensos meses nos que vinte mozos e mozas de lugares tan distantes como México, Alemaña, China ou Corea tiveron a oportunidade de ter unha primeira toma de contacto coa lingua e a cultura galega.
Trtases do alumnado do Curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro, unha actividade organizada dende a Área de Normalización Lingüística e na que este cuadrimestre participaron estudantes de oito países. Foron días nos que tiveron a oportunidade de achegarse á realidade sociocultural e sociolingüística galega e facelo non só a través das aulas, senón tamén de múltiples excursións nas que ademais de facer turismo, que tamén, comprobaron ‘in situ’ aspectos da historia, da cultura, da etnografía, da paisaxe, das festas… previamente expostas nas aulas.
“O temario é moi amplo e dificilmente é posible tratar todos os temas que inclúe, pero procúrase sobre todo que o alumnado teña acceso á información, facilitarlle as ferramentas que lle permitan afondar no seu coñecemento sobre Galicia e sobre a nosa lingua de maneira autónoma”, explica María Fernández, a docente do curso, que fai fincapé en que o programa tenta abranguer aspectos moi variados no eido cultural (xeografía, territorio, clima, paisaxe...); coñecementos etnográficos (festas, gastronomía, arquitectura popular, música, crenzas...); coñecementos históricos que lle permitan entender a singularidade de Galicia no contexto peninsular, así como tamén coñecementos básicos de literatura galega (períodos, escritores, obras destacadas...).
ACHEGARSE Á REALIDADE SOCIOCULTURAL E SOCIOLENGÜISTICA GALEGA
“O curso dálles a posibilidade de coñecer Galiza doutra maneira, de aproveitar outro tipo de ocio que non é incompatible coas festas e a vida nocturna, ofrécelles outra visión da realidade galega e rómpelles os esquemas da homoxeneidade cultural e lingüística, dos estereotipos culturais”, subliña a docente, que recalca o feito de que “tamén tenta desmitificar e desprexuizar o alumnado e, non menos importante, ofrecerlle a posibilidade de dar os seus primeiros pasos en lingua galega”.
PERCORRENDO GALICIA
Escribe tu comentario