#Claves de la semana

O 'Gordo' deixa máis de 13 millóns en Lugo, A Coruña e Pontevedra

O número 22.654 foi agraciado co 'Gordo' do Sorteo Extraordinario de 'El Niño', dotado con dous millóns de euros por serie, que foi vendido nas localidades lucenses de San Clodio e Quiroga, no Carrefour de A Coruña e en Pontecesures.


|



Galicia recibiu gran parte do "Gordo" do Sorteo Extraordinario de "El Niño", que recaeu no número 22.654. En concreto, deixou máis de 13 millóns de euros nas localidades lucenses de San Clodio e Quiroga, no Carrefour de A Coruña e en Pontecesures. 

Cristina, unha das traballadoras da administración mixta de San Clodio, destacou que alí se venderon 65 décimos deste primeiro premio "moi repartido" entre os veciños da localidade. Asegurou que os veciños estaban "encantados e contentísimos", e que moitos xa se pasaron polo bar para celebrar a chegada da sorte a San Clodio. 

Outro décimo do primeiro premio tamén foi vendido en Quiroga, a través da máquina dunha administración mixta. Unha traballadora, Ana, agradecía que a xornada deixe "algo de sorte" na localidade, donde levan traballando 12 anos e donde o ano pasado xa caeu un cuarto premio de Lotería. 


Na administración nº1 de Pontecesures tamén se vendeu o "Gordo", aínda que polo de agora descoñecen a cantidade de décimos. Trátase dun negocio familiar, que se extende xa durante 33 anos. Un dos traballadores afirmou que son "unha familia grande, 12 irmáns, e a todos nos alegra". Asegura que se trata dun bonito homenaxe á memoria do seu pai, recentemente falecido, dado que o 22 era o seu número favorito. 


No resto de España, caeu en Roquetas de Mar (Almería); Jerez de la Frontera, Conil de la Frontera, Xixón e Bilbao, entre outras localidades. Pola súa banda, o 60.755 foi agraciado co segundo premio, dotado de 750.000 euros por serie e que foi vendido na Administración número 1 de Madrid. O terceiro premio foi para o número 95.395 , dotado de 250.000 euros por serie, e vendido na localidade de Gardo (Palencia).



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE