ISTO COMEZA A MOVERSE

Manuel Fernando González Iglesias

Ciudadanos fixo nas últimas horas as seguintes contas da avoa da fabada:


1. PSOE + Podemos (e as súas confluencias) + PNV= 90+69+6=165 votos positivos

2. PP + Ciudadanos= 122+40= 162 votos negativos

3. 23 abstencións


Se iso é así, Albert Rivera dá por feito que Pedro Sánchez sería presidente do Goberno nunha segunda votación na que non é necesaria a maioría absoluta. O líder de Ciudadanos está asombrado de que Mariano Rajoy desaparecese da escena dos pactos, decidido a non chamar nin a Pedro Sánchez, nin a el mesmo, que se supón é o seu "aliado natural".


Para que os sumandos lle cadren a Rivera, fixo falta que Pablo Iglesias decidise formar un só grupo parlamentario e rexeitar, polo tanto, a oferta de última hora do PSOE de apoialos na constitución dun segundo grupo parlamentario, e tamén que os baróns socialistas estean tan calados como Don Mariano.


Con todo, aínda quedaría na recámara unha segunda gran coalición, a palabra favorita do presidente do Goberno, que debería ser a que integrasen PSOE, Ciudadanos e Podemos, que tampouco é de todo imposible se Podemos aparca ata "cando toque" o seu intento dun referendo pactado en Cataluña que tanto asusta a Ciudadanos e socialistas.


Isto comeza a moverse, non se se a gusto de todos, pero se no posible acordo perden todos algo da súa esencia quere dicir que o pacto é de evidente calidade democrática. Tampouco é necesario que o matrimonio dure máis de dous anos, período máis que suficiente para que os cidadáns recuperen o resuello e volvan confiar nos partidos políticos, e estes reflexionen e comproben que pactar forma parte esencial da democracia parlamentaria, da que, dunha vez por todas, deben desaparecer os insultos e as descualificacións persoais.


E se no último minuto, Rajoy dá un paso atrás e deixa que lle substitúan no PP por outro candidato ou candidata máis "dixeríbel" e, con iso, permite outro pacto "máis mellor" que os que lles referimos, pois... adiante! Quen dixo medo? Se aquí do que se trata é de converter en normal o que xa é habitual nos parlamentos dos nosos veciños europeos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE