#Claves de la semana
NA CIDADE DA CULTURA ATA O 4 DE MARZO DE 2016

'Emigrantes: terras, xentes, emocións', o arquivo de Galicia achégase á emigración galega

Trátase dunha viaxe a través de 45 documentos sobre o fenómeno da emigración, que comprenden dende o século XVII ata o XX.



|

El secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo y la subdirectora general de Archivos, Marina García Pita, en la inaguración en la Ciudad de la Cutura de Santiago 



A nova exposición do Arquivo de Galicia leva por título 'Emigrantes: terras, xentes, emocións'. Trátase dunha viaxe a través de 45 documentos sobre o fenómeno da emigración, que comprenden dende o século XVII ata o XX, e que permanecerá na Cidade da Cultura ata o vindeiro 4 de marzo. 


A selección que conforma a mostra fai referencia a ámbitos diversos, con información relativa aos transportes, de carácter bancario ou mesmo médico, que reflicten diferentes aspectos da emigración en distintos momentos históricos.


Nela inclúense, entre outros, documentos como a información facilitada por un mourisco arredor do ano 1600 para acreditar a súa “limpeza de sangue”, un memorial do marqués de Bosqueflorido, deputado xeral do Reino de Galicia, no que se relata a emigración de galegos a Portugal no século XVIII; letras de cambio expedidas en Buenos Aires en 1904, a pagar en Ribadeo pola Casa de Comercio e Banca Bengoechea; un cartel de 1911 anunciador do servizo regular de vapores da compañía inglesa Mac Andrews e da súa filial en Barcelona; a historia clínica dunha muller retornada da Habana en 1936, procedente do Hospital Psiquiátrico de Conxo; e cartas escritas desde México ou Arxentina dando noticias de interese particular, pero tamén de acontecementos e situacións de interese xeral.


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que se trata de ofrecer a cidadanía “un percorrido pola historia do fenómeno migratorio en primeira persoa: coas voces e vidas dos propios protagonistas dese fenómeno".


Pola súa parte, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, incidiu na “relevancia que adquiren para o estudo e investigación da emigración galega as fontes documentais que custodian os nosos arquivos” lamentando que, “malia a súa importancia social, os arquivos continúan sendo hoxe un ámbito descoñecido para boa parte da cidadanía”.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE