Un libro rende homenaxe póstuma a Ramón Lugrís

Este martes presentouse o libro ‘Ramón Lugrís. Sempre Galicia, Sempre Europa’, que pretende render homenaxe a este tradutor e xornalista recentemente falecido.


|



Este martes presentouse o libro ‘Ramón Lugrís. Sempre Galicia, Sempre Europa’, que pretende render homenaxe a este tradutor e xornalista recentemente falecido.


O libro ábrese cunha longa entrevista a Lugrís, realizada por Franco Grande e Ríos, e titulada ‘Continúo sendo un convencido europeísta’. A seguir, a obra reproduce catro ensaios que analizan, desde ángulos complementarios, a vida e a obra de Lugrís:


O volume remata cunha xenerosa escolma de artigos do propio Lugrís titulada ‘Apuntes británicos (e outros)’: case unha vintena de textos escritos entre 2009 e 2011 que foron compilados, maioritariamente, das páxinas do extinto semanario ‘A Nosa Terra’ e, en menor medida, da plataforma IGADI.org.


Un caderno fotográfico final no que se recollen instantáneas do Lugrís neno, mozo universitario e profesional do xornalismo e da tradución con distintos familiares, amigos e diversos persoeiros e intelectuais pon o ramo a esta obra ideada e confeccionada antes do pasamento do autor, polo que cobra un inequívoco sentido de homenaxe póstuma.


O titular de Política Lingüística, Valentín García, aproveitou a presentación para reivindicar “o gran labor que intelectuais cheos de amor e admiración por Galicia como Ramón Lugrís fixeron polo europeísmo e a proxección internacional da nosa lingua e cultura”.


Lembrou como “o inmenso traballo desenvolvido por Lugrís valeu de mostra e exemplo a moitos outros que hoxe fan que nos sintamos orgullosos do volume de obras escritas noutras linguas e traducidas ao galego ou de como as creadas na nosa lingua se editan en países e culturas tan distantes como Rusia ou o Xapón.”


RAMÓN LUGRÍS


Nacido na cidade departamental en 1932, Lugrís formou parte do grupo inicial do galeguismo organizado en Santiago nos anos 50, arredor de Ramón Piñeiro, de quen foi considerado durante moito tempo a súa ‘man dereita’. Lugrís foi dos primeiros animadores do proxecto europeísta e do federalismo galeguista, se ben nos últimos anos manifestouse máis crítico coa deriva europea.


O labor de Lugrís discorreu principalmente polo seu traballo como tradutor (na Organización Internacional do Café ou nas Nacións Unidas en Nova York) e como xornalista en diferentes medios (desde a BBC á axencia EFE).


Nos últimos anos pasara a formar parte do Consello Reitor do IGADI, a quen prestaba o seu asesoramento, colaborando ademais con ensaios, relatorios e artigos publicados en diferentes medios e relativos a temas fundamentalmente europeos. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE