#Claves de la semana

Galicia ollando a Cataluña: o nacemento da canción protesta galega

A tese doutoral da historiadora Sheila Fernández achégase ao nacemento da canción protesta en Galicia, marcada polo contexto da ditadura franquista e profundamente influenciada polo modelo catalán da 'Nova Cançó', como se deixa claro no título da tese ‘Galicia ollando a Cataluña: dúas fronteiras do movemento da canción protesta (1968-1980)’.

 

|


A tese doutoral da historiadora Sheila Fernández achégase ao nacemento da canción protesta en Galicia, marcada polo contexto da ditadura franquista e profundamente influenciada polo modelo catalán da 'Nova Cançó', como se deixa claro no título da tese ‘Galicia ollando a Cataluña: dúas fronteiras do movemento da canción protesta (1968-1980)’.


A influencia catalana na canción protesta galega é innegable, de feito sería o concerto dun cantautor nesta lingua o que marcaría o nacemento da canción protesta galega. Foi no concerto ofrecido polo xativés Raimon o 9 de Maio de 1967 en Santiago cando según Sheila Fernández os cantautores galegos se concienciaron da necesidade de "crear un modelo homónimo na xeografía galega".


Esta concienciación xerminou rápidamente e para 1968, en plena reivindicación universitaria, xa se celebraron tres concertos de vital importancia. O primeiro estaba fixado para o 30 de marzo na Escola de Peritos Agrícolas de Lugo, pero pese a contar cos permisos gobernativos viuse frustrado e tivo que celebrarse na intimidade da casa do organizador, o profesor Xesús Alonso Montero, actual presidente da RAG.


O segundo sería o 26 de abril na Facultade de Medicina de Santiago tras unha asemblea universitaria e o terceiro o 1 de decembro na Sala Capitol, unha cita histórica de onde sairían os cantautores que conformarían o colectivo Voces Ceibes: Benedicto García, Xavier González, Miro Casabella...


Para Sheila Fernández, entrevistada por Galiciapress, estes concertos e esta nova formación de cantautores foron un paso fundamental, supuxo que "a política e o contexto social que se estaba vivindo se canalizaba a través da música, algo que non se estaba levando a cabo ata ese momento".


Durante os primeiros anos, a canción de protesta afastouse do prototipo de canción tradicional galega, que segundo indica a historiadora "estaba sendo instrumentalizada polo réxime franquista a través do que se coñecía como sección de coros y danzas de la sección femenina". Os cantautores de Voces Ceibes pretendían propoñer un novo modelo, "de ahí que estivese máis próximo ao que facían os cataláns e se desvinculase desa música popular".


Sería co paso dos anos cando a canción protesta galega comezaría a separarse do modelo catalán para recuperar elementos populares, con influencias da música de intervençao portuguesa. A partir dos anos 70 os cantautores galegos comezaron a darse conta de que "xa se presentaran como un modelo alleo ao que estaba sendo manipulado polo réxime, podían voltar de forma tranquila a utilizar a estética popular".


Comezan a introducir por tanto sonoridades, ritmos ou incluso letras máis populares sen eliminar a protesta. Esta tendencia, que se pode observar nalgúns dos cantautores de Voces Ceibes, presentarase de forma clara nalgúns dos grupos que aparecen nos anos 70 como Fuxan os Ventos ou Milladoiro.


Coa chegada da democracia en 1975, a canción protesta experimentará unha nova evolución. Agora "a política poden levala a cabo os personaxes políticos", os cantautores reaccionan ao novo contexto e "a protesta máis pura vaise redireccionando cara un tipo de reivindicación máis identitaria"


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE