#Claves de la semana

Feijóo aínda non decidiu se optará á reelección

Asegura que revelará o seu futuro cando "cumpra 7 anos como presidente", algo que acontecerá o vindeiro 18 de Abril


|


Ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, estalle costando decidir se se presentará como candidado do PPdG nas vindeiras eleccións autonómicas. Pide tempo para "reflexionar" antes de tomar unha decisión, xa que presentarse para un terceiro mandato sería "algo excepcional".


Polo menos agora adianta unha data. Feijóo comprometeuse nunha entrevista na TVG a revelar o seu futuro "cando cumpra 7 anos como presidente", unha efemérida que se cumprirá o vindeiro 18 de Abril. 


Asegura que neste momento o que lle precoupa é "ser presidente da Xunta", mentres determina se aínda pode ser "útil" a Galicia ou pola contra é mello presentar un novo candidato. Amósase convencido de que no seu partido hai recambios de sobra se finalmente non se presenta. 


Pese a todo, Feijóo asegurou que sempre elexiría Galicia se tivese que optar "entre o sector privado e o público", dando alas aos que pensan a que aspira a dar o salto a Madrid. 


Aínda que polo de agora Feijóo mantense firme no seu apoio a Rajoy se este se ve "con forzas para volver a presentarse". Á hora de elexir un hipotético sucesor, elixe a Cristina Cifuentes por dediante de Soraya Sáenz de Santamaría e de el mesmo, argumentando que ten "pai e nai galegos". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE