Santiago camiña unido contra a violencia homófoba
Un centenar de persoas concentráronse na praza do Obradoiro expresando a súa repulsa para a agresión do pasado luns contra un matrimonio homosedxual
Aproximadamente un centenar de persoas concentráronse este venres na praza do Obradoiro, amosando o seu apoio para o matrimonio que sufriu unha brutal agresión este luns nun supermercado de Santiago, polo simplemente feito de chamar a atención sobre un can sen atar no exterior do establecemento.
A sociedade santiaguesa uniuse no seu rexeitamento contra esta agresión homófoba. Estivo presente o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pero tamén representantes doutros partidos como a deputada nacionalista Ana Pontón, o popular Agustín Hernández ou o excalcalde socialista Xosé Sánchez Bugallo.
Os únicos que non acudiron foron os propios afectados, que desexan deixar atrás canto antes o acontecido, a pesar de que se amosan agradecidos e emocionados por todas as mostras de apoio e cariño que recibiron.
No seu lugar estivo o colectivo LGTBI 'Ultreia', que trasladou o sentimento común de "indignación, dor e rabia" ante unha agresión sen sentido. O seu voceiro, Pablo Hernández, asegurou que "parece incrible que nestes tempos modernos o que parecía un simple xesto tivese unha agresión homofóbica".
Pero Hernández rexeita que se trate dun caso tan illado como parece. Recordou o caso dunha Garda Civil lesbiana á que se lle retirou unha condecoración hai unhas semanas "coa fin de limpar a imaxe do corpo" despois de que esta axente intentara suicidarse tras recibir ataque homófobos.
O voceiro de Ultraia reclama ás administracións que se impliquen para que este tipo de agresións non queden impunes. Reclaman un endurecemento da lei "engadindo agravantes claros e unha verdadeira responsabilidad criminal para os agresores". Hernández considera que neste caso existe unha proba moi clara de que existe "un delito de odio", dados os constantes insultos dos agresores, desde "maricóns" ata "sidosos de merda".
En todo caso, esta non será a última concentración en apoio do matrimonio agredido. Para este sábado están convocadas outras dúas concentracións en Vigo e na Coruña.
Escribe tu comentario