#Claves de la semana

O Supremo mantén unha indemnización duns 600.000 euros para os antigos donos de Ons

Rexeita a pretensión dos antigos donos da illa de elevar a súa indemnización ata o millón e pico de euros


|


O Tribunal Supremo acaba de confirmar unha indemnización de algo máis de 600.000 euros para os antigos donos da illa de Ons, rexeitando a súa pretensión de elevar a súa indemnización ata o millón e pico de euros. 


O alto tribunal confirma por tanto a indemnización de 605.601 euros fixada polo Tribuanl Superior de Xustiza de Madrid. A Administración Xeral do Estado deberá pagarlle esta cantitade á familia Riobó, antigos propietarios da illa, trala súa expropiación.


O auto do tribunal madrileño consideraba imposible a restitución in natura das illas, xa que estas forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Por iso fixou unha indemnización dun cinco por cento do valor do chan, edificación e viarias das illa, que ascendía a un total de máis de 12 millóns de euros. 


Aos antigos donos da illa pareceulles insuficiente, por iso presentaron un recurso que pretendía elevar a súa indemnización ata os 1.1 millóns de euros. Pero o Tribunal Supremo negou o recurso de casación, xa que a diferencia entre a indemnización concedida e a solicitada non alcanzaba os 600.000 euros, o mínimo necesario para ser admitida a trámite polo alto tribunal. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE