#Claves de la semana

Ecoloxistas piden a retirada dun novo programa da TVG

Varios colectivos ecoloxistas pediron a retirada do novo programa da TVG 'Expedición Galicia', tras observar "agresións ambientais sancionables" no seu trailer e no seu primeiro capítulo.


|


Varios colectivos ecoloxistas pediron a retirada do novo programa da TVG 'Expedición Galicia', tras observar "agresións ambientais sancionables" no seu trailer e no seu primeiro capítulo. 


En concreto, ADEGA, GEAS e Grupo Naturalista Habitat sinalan cómo no vídeo que presenta o programa se pode ver como os participantes "vadean un río cun 4x4, comen crúa unha ra dos regos (Rana iberica) incluída no Catalogo Galego de Especies Ameazadas, ou esfarelan un formigueiro para coller material seco co que facer un lume". 


Consideran que se trata de accións que "non deberían ser emitidas nun programa que pretende achegar a natureza galega a través dos nosos medios de comunicación públicos". Pregúntanse se resulta preciso "divulgar e fomentar" este tipo de prácticas, e proponlle á cadea pública outro tipo de programas vinculados á "divulgación e conservación da natureza, voluntariado ambiental, custodia do territorio..."


Os colectivos ecoloxistas recordan que "Galicia ten valores naturais abondo que amosar ao mundo nos medios públicos sen necesidade de recorrer a copias de programas doutras latitudes, nas que rexen outras normas de conservación e de respecto pola natureza".     

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE