#Claves de la semana

A oposición galega únese contra a "aberración" do trato aos inmigrantes

Piden unha reunión urxente da Comisión para Asuntos Europeos do Parlamento de Galicia para deixar clara a postura de Galicia


|



polémico acordo entre a UE e Turquía para devolver os inmigrantes que pasen de Turquía a Grecia espertou o rexeitamento unánime de todos os grupos políticos da oposición en Galicia (PSdeG, BNG, AGE e Grupo Mixto), que se uniron para pedir unha reunión urxente da Comisión para Asuntos Europeos do Parlamento galego para deixar clara a postura de Galicia neste asunto. 


A deputada socialista Carmen Acuña explicou que intentarán que o Parlamento adopte unha posición contraria ao acordo, solicitando oficalmente que se deteña a "aberración" que se vai a cometer no trato de refuxiados, aos que habería que "axudar" e non tratalos "como parias", enviándoos "a unha morte máis que segura e un país en guerra".


Xabier Ron (AGE) tamén advertiu contra "unha das canalladas máis grandes que pode perpetrar a UE". "Estamos ante unha Europa fortaleza que bunkeriza de forma absoluta a entrada e vulnera o dereito de asilo do refuxiado", remarcou.

Considera que Galicia non pode "permanecer impasible", polo que a oposición quere saber "que fai Galicia en Europa e no Estado, como se sitúa ante esta maiúscula vulneración de dereitos humanos".


Para Tereixa Paz o que ocorre en Europa "é unha auténtica vergoña" e "unha infamia que pon ao descuberto a verdadeira cara dunha UE" que se busca "vender" como "unha Europa social e democrática". Sostén que o pobo galego ten que manifestar a súa opinión "a través dos seus representantes" e advertiu que os nacionalistas non están dispostos a aceptar que leve a cabo o acordo con Turquía para deportar refuxiados "en nome" dos galegos nin cos seus "recursos".


Por último, Chelo Martínez (Grupo Mixto) cargou contra "as políticas de levantar muros e fronteiras" para que os refuxiados non poidan acceder a Europa "a cambio de pagar diñeiro a países con bastantes carencias democráticas e de seguridade de aplicación dos dereitos humanos", como pode ser Turquía.


O PP ANALIZARÁ A CUESTIÓN


O voceiro do PPdG, Pedro Puy, xa contestou sinalando que os populares analizarán esta iniciativa unha vez que sexa cualificada, apelando á necesidade de acadar "unha solución europea" que garantice "o dereito de asilo" e faga fronte a esta crise "dunha forma compatible aos principios humanitarios". 



"O PP entende que este é un problema de índole europea e de dimensións importantes. Hai que conseguir entre todos que acabe este proceso polo que a xente se xoga a vida e morre", resolveu.




relacionada La UE devolverá a Turquía a los inmigrantes que lleguen a Grecia
relacionada ¿Cómo es la isla de Lesbos?
relacionada Gracias por abandonarnos, Europa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE