#Claves de la semana

A Xunta amplía o seu programa de financiamento para pemes

Eleva o seu orzamento nun 10% ata os 100 millóns de euros co obxectivo de apoiar preto de 1500 proxectos galegos.

 


|


O Goberno galego acaba de ampliar o seu programa de financiamento para pequenas e medianas empresas, coñecido como Galicia 1000, elevando o seu orzamento nun 10% ata os 100 millóns de euros co obxectivo de apoiar preto de 1500 proxectos galegos. 


"O que buscamos é que ningún proxecto quede sen apoio", defendeu o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, remarcando que o plan busca reforzar o tecido empresarial da comunidade. 


Asegura que a Xunta apostará polo investimento que permita medrar ás compañías, impulsando a súa capacidade innovadora,a súa internacionalización e a súa adaptación á industria 4.0. 


O programa non é novo, leva dous anos en vigor nos que segundo o goberno permitiu a posta en marcho de máis de 2000 proxectos, mobilizando 400 millóns de euros. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE