Gas Natural Galicia investiu máis de 50 millóns durante 2015


|


Gas Natural Galicia, filial distribuidora de Gas Natural Fenosa investiu en Galicia durante 2015 ao redor de 51,5 millóns de euros. O obxectivo, continuar co seu plan de expansión e desenvolvemento de infraestruturas, ademais de mellorar as súas redes e servizos nas comunidades. 


Nos últimos 15 anos, os investimentos da compañía para gasificar novas poboacións e aumentar o uso desta enerxía en Galicia xa ascende ata os 438 millóns de euros. 


En concreto, durante 2015 Gas Natural Galicia iniciou a subministración de gas natural en tres localidades; O Grove, Pontedeume e Ribadeo. 


Tras estas novas incorporacións, a empresa xa está presente en máis de 70 municipios galegos, grazas a unha rede de distribución que supera os 3.400 quilómetros. 



Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE