#Claves de la semana

O BNG arrinca a súa refundación

Será un proceso dun ano, marcado polas vindeiras eleccións autonómicas


|


O BNG arrincou formalmente este luns a súa refundación, un proceso cun prazo máximo dun ano, condicionado polas vindeiras eleccións autonómicas. 


Trala elección de Ana Pontón como voceira nacional, abriuse un prazo máximo de dous meses para lanzar a folla de ruta presentada hoxe co nome de 'Proceso Adiante: relanzar o proxecto nacionalista'. 


Ana Pontón, acompañada de varios membros da nova executiva, deu a coñecer o lanzamento deste proceso, para o que se abriu unha web específica (adiante.gal), no que se recollerán achegas de calquera persoa, como ao longo dos encontros, "con independencia de que teñan ou non carné do BNG", como dixo a portavoz nacional en rolda de prensa.



O proceso ten tres obxectivos: actualizar o discurso nacionalista, sobre a base de que o nacionalismo "é máis necesario que nunca"; fortalecer o proxecto que representa o BNG, para conseguir a "derrota" electoral do Partido Popular en Galicia; e "alargar" a base do nacionalismo.



A primeira fase consiste nunha rolda de encontros, un centenar aproximadamente, para discutir en asemblea os puntos do debate que levará a cabo ao longo dos próximos 365 días como máximo.



Así as cousas, o proceso divídese en tres bloques: radiografía social, política e económica da Galicia actual; a estratexia política do nacionalismo; e a participación e modelo organizativo, no que se pretende dar "cabida" a todas as persoas que se sintan nacionalistas.



CANDIDATURA AUTONÓMICAS



A "reflexión", que Ana Pontón asegura que non ten comparación no seu "alcance e formulación" con ningún outro proceso que levase a cabo de forma similar o BNG, ten un prazo máximo dun ano para que sexa culminada (como se aprobou na asemblea do 28 de febreiro), pero o calendario está suxeito ás eleccións autonómicas.



Nesta liña, e preguntada polo calendario para as autonómicas (elaboración de programa e elección de candidato), Ana Pontón indicou que en próximos días darase a coñecer os pasos do Bloque neste sentido, pero diferenciou os dous procesos, como así o apoian os textos políticos aprobados en asemblea.



Tras saír elixida portavoz nacional, Pontón proclamou que haberá "papeleta nacionalista" nas próximas eleccións autonómicas, de maneira que este martes volveu a rexeitar a confluencia con formacións políticas que non sexan netamente galegas, como Esquerda Unida ou Podemos, á que insistiu en que "Galicia non é un anexo".



Con todo, e seguindo co mandato asembleario, o BNG iniciou en días pasados contactos con outras formacións nacionalistas para explorar a posibilidade dunha candidatura ampla para as galegas, aínda que Anova, coa que se reuniu o martes pasado, incidiu en que ese proceso está en marcha ao redor das mareas e é aí onde se sitúan os de Xosé Manuel Beiras.



relacionada Ana Pontón liderará o BNG
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE