A mellor caña de Galicia tírase en Ribadumia

|


A mellor caña de Galicia tírase en Ribadumia. Concretamente, pódese gozar na cervexería 'Encontro' se tes a sorte de que che atenda Gustavo Rey, gañador do Campeonato Galego de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia, celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. 


Gustavo Rey impúxose entre 40 participantes de toda Galicia nunha competición moi disputada, na que tivo que demostrar a súa destreza tirando cañas, servindo cerveza de botella e respondendo preguntas sobre o mundo da cervexa. 


De todos xeitos, se Ribadumia nos queda lonxe, sempre podemos probar as cañas do resto dos finalistas. O subcampión foi Iñaki Rivas, da Taberna do Labrego de Vilalba. Diego Otero (Cervexería 'Varadero' de Sanxenxo), Francisco Barreiro (Restaurante 'Tío Paco' de Santa Comba) e Nuria Iglesias ('A Bodeguilla' de Silleda) leváronse os tres accésit. 


Como premio, os cinco finalistas recibiron o seu peso en cervexa. O gañador tamén recibiu 600 euros e o segundo clasificado 400. os catro primeiros clasificáronse para o Campeonato Nacional. 




Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress