​Povisa ameaza con sancións para acalar as críticas internas

|



A dirección de Povisa está tratando de silenciar as queixas do Comité de empresa do centro, que denunciaron hai dúas semanas que os traballadores padecen unha sobrecarga de traballo que está comezando a producir unha "merma" na calidade asistencial.


Esta denuncia foi respostada pola dirección do hospital, que decidiu abrirlle un expediente disciplinario ao Comité de Empresa en base ao artigo 68 do estatuto dos traballadores, que prevé suspensións de emprego e soldo ou incluso despedimentos disciplinarios ante as hipotéticas faltas graves ou moi graves cometidas polos integrantes do Comité de Empresa.


Polo de agora, a apertura do expediente disciplinario non implicou ningunha medida, xa que o Comité de empresa dispón de 10 días dende a súa apertura para presentar alegacións, algo que xa anunciou que fará. Despois deste prazo, a dirección avisa de que se tomará" a decisión disciplinaria que corresponda", que dependerá de se a falta se considera grave ou moi grave.


No escrito dirixido ao Comité de empresa a dirección indica que considera a situación "de extrema gravidade", xa que supón unha "evidente deslealdade e unha clara transgresión da boa fe contractual".

.

Dende a CIG xa responderon que entenden este aviso de sanción como "un ataque á liberdade sindical e á liberdade de expresión". Reivindican a obriga do Comité de Empresa de denunciar as irregularidades que observe, primeiro ante a Dirección "como xa se fixo", e de non adoptarse as medidas necesarias ante as Administracións públicas.


CENSURA NO CUNQUEIRO


A situación vivida en Povisa recorda á que se produciu hai un mes no Hospital Álvaro Cunqueiro, cando o xerente enviou un escrito advertindo das posibles sancións administrativas para o persoal que colgase carteis reivindicativos con críticas para o hospital.


Nese caso, o persoal do centro respostou inmediatamente cunha protesta no pasillo de dirección do hospital, coas bocas tapadas como símbolo da censura da que se sentiron obxeto.  


O día seguinte, anunciábase a apertura dunha de una comisión asistencial para asesorar á dirección, na que estarán presentes representantes dos diversos colectivos profesionais do CHUVI.


 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress