#Claves de la semana

​A Xunta quere que Ence rehabilite do Pazo de Lourizán

Trátase dun da forma que propón para concretar o compromiso da empresa “máis aló do ambiental e da súa actividade económica”


|




Un dos condicionantes esgrimidos pola Xunta para defender a controvertida prórroga de 60 anos para Ence concecida polo gobernó en función de Mariano Rajoy era que se lle pediría á empresa un compromiso “máis aló do ambiental e da súa actividade económica”.


E ao parecer unha das vías polas que a Xunta espera concretar ese compromiso e reconciliar á empresa cos pontevedreses é que a empresa asuma “a rehabilitación, ou o groso do custo" das obras de restauración do coñecido como Pazo de Montero Ríos en Lourizán” O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que en Ence "hai boa disposición para facelo" e confía en que a Deputación de Pontevedra, como propietaria da instalación, "non teña ningún problema, senón todo o contrario", engadiu.


Aínda que non cuantificou o custo das obras de restauración, Rueda asegurou que é un "investimento cuantioso" e por iso "non se fixo" antes. Con todo, recoñeceu que a situación do Pazo, que cualificou de "pequena xoia", "non pode seguir así" porque se "estaba deteriorando".


A EMPRESA PODERÍA UTILIZAR O INMOBLE


Paralelamente ás negociacións para a rehabilitación do edificio, Rueda sinalou que "se fala de moitas actividades" que podería acoller o inmoble tras a súa restauración. Serían usos "pactados entre todos e se non estivésemos de acordo non se levaría a cabo a actuación", precisou Alfonso Rueda sobre a posibilidade de que Ence puidese influír nas futuras funcións do Pazo.


"Ence ten moitas instalacións de I+D que podería centralizar aquí, xeraríase actividade económica e movemento", xustificou o vicepresidente da Xunta, argumentando que "Pontevedra non está para rexeitar actividade, postos de traballo e que quen xera actividade económica nos abandone e márchen a outros sitios", insistiu, en alusión aos opositores á prórroga da concesión dos terreos.


PROPOSTA DE ANOVA


Por outra banda, o grupo de traballo Anova Terra elaborou unha proposta para que o Pazo de Lourizán e a leira circundante se convertan nun "Centro de Interese Nacional" no ámbito ambiental, ao estilo do Centro Nacional de Educación Ambiental situado en Segovia, e como complemento ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia situado en Oleiros.


A idea de Anova Terra consistiría en habilitar nestas instalacións un "Arquivo Nacional do Medio Ambiente Galego", un "Centro de Interpretación do Medio Galego" e do monte veciñal en man común, ademais de desenvolver campañas divulgativas, programas educativos, exposicións, seminarios, formación ambiental

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE