#Claves de la semana

Deputados de AGE ratifican a súa aposta pola confluencia

Antón Sánchez pide buscar unha fórmula mellorada con respecto ao modelo de En Marea


|



Na Alternativa Galega de Esquerda hay deputados procedentes de varias organizacións políticas. Por exemplo, o vicevoceiro Antón Sánchez milita en Anova, mentres que a deputada Eva Solla procede de Esquerda Unida. Pero parecen satisfeitos coa unión, xa que ambos acaban de ratificar a súa aposta pola confluencia para concorrer ás vindeiras eleccións autonómicas. 


En concreto, Sánchez pediu buscar unha fórmula mellorada con respecto ao modelo de En Marea, con "máis protagonismo" das mareas muncipais e da cidadanía, facendo "un programa de goberno con medidas realizables", xa que considera "moi necesario o cambio para que este país teña futuro". 


Polo que respecta á persoa que debe encabezar a candidatura, Sánchez indicou que o primeiro é "diseñar as políticas", aínda que asegura que hai "un elenco amplo de homes e mulleres que poden afrontar esa responsabilidade". "Aínda non estamos en fase de decidir iso", puntualizou.


Na mesma liña, Eva Solla afirmou que é lóxico que comecen a saír nomes, pero evita pronunciarse sobre ningún argumentando que debe ser valorado "por todos" e elexido de forma "participativa". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE