Volveremos a votar, ¿e despois qué?

Manuel Fernando González Iglesias

Chegou a hora do Rei, que quere dicir a hora das eleccións. Uns comicios nos que a abstención podería ser a gran victoria daqueles aos que a democracia lles estorba e moito. Din os enquisadores que Rajoy volverá a gañar porque agora os únicos que parecen ter un electorado fiel son o PP e IU, que segundo din saben os votantes que ten, mentres que os demais se moven polo afilado coitelo da incerteza.


Podemos intenta da man de Anguita, o político máis rencoroso e anti socialista que deu a esquerda deste país, conseguir o famoso sorpasso que envíe ao PSOE á terceira praza do pelotón, o cal constituiría unha "gran victoria" para os dirixentes podemitas que non lles asegura, nin moito menos, que os de Ferraz os deixen encabezando a "leal oposición" se Pedro Sánchez se retira ou lle retiran tralo "moi anunciado pero nada confirmado" batacazo electoral, deixando que a lideresa andaluza aposte pola gobernabilidade como se fai xa na social democracia alemana.


Agora toca que os líderes se boten en cara o que non souberon pactar, ou pactaron estresados pola impaciencia. Polo que parece, aos que non fixeron nada, o electorado non lles vai a pasar factura xa que volven a presentarse cargados de enerxía, mentres que aos "pactistas" estanos moendo a paus os seus adversarios e os meus colegas da prensa gubernamental, o cal, non deixa de ser manifestamente inxusto, xa que ninguén se salva da desvergoña de ternos enviado aos cidadáns a unha nova convocatoria electoral.


Ahora toca que los líderes se echen en cara lo que no supieron pactar, o pactaron estresados por la impaciencia. Por lo que parece, a los que no hicieron nada, el electorado no les va a pasar factura ya que vuelven a presentarse cargados de energía, mientras que a los "pactistas"los están moliendo a palos sus adversarios y mis colegas de la prensa gubernamental, lo cual, no deja de ser manifiestamente injusto, ya que nadie se salva de la desvergüenza de habernos enviado a los ciudadanos a una nueva convocatoria electoral.


Ou sexa, que pasamos dunha "longa noite de pedra" que escribira o meu admirado Celso Emilio Ferreiro, a unha gastroenterite democrática, na que a única vítima son os cidadáns, que pasaron dun estreñimiento dictatorial de corenta anos, periodo no que as únicas urnas que vimos foron as do Referéndum en 1947, para aprobar a mal chamada Ley de Sucesión na Xefatura do Estado e, en 1967, para facelo coa outra gran Lei Orgánica do Estado, unha aprobada co 98 por cento e a segunda, co aínda máis contundente 95,06 de españo-tontos dándolle á razón ao xeneral Franco, a estos tempos de líderes populistas e intransixentes, nos que ningún deles parece acordarse do que lle costou a este país ter unha Democracia tan débil como confusa pero moi útil para convivir en paz.


O sea, que hemos pasado de una"longa noite de pedra"que escribiera mi admiradoCelso Emilio Ferreiro, a una gastroenteritis democrática, en la que la única víctima son los ciudadanos, que han pasado de un estreñimiento dictatorial de cuarenta años, periodo en el que las únicas urnas que vimos fueron las delReferéndumenen 1947, para aprobar la mal llamadaLey de Sucesión en la Jefatura del Estado y, en 1967, para hacerlo con la otra gran Ley Orgánica del Estado, una aprobada con el 93 por ciento y la segunda, con el aún más contundente 95,06 de españo-tontos dándole la razón al general Franco, a estos tiempos de líderes populistas e intransigentes, en los que ninguno de ellos parece acordarse de lo que le costó a este país tener una Democracia tan débil como confusa pero muy útil para convivir en paz.



Así pois, volveremos a votar, ¿e despois qué?


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress