O SUCESOR DE RAJOY

Manuel Fernando González Iglesias

Aínda que ninguén o dixo e todavía hai moita tea que cortar dentro do Partido Popular, aos dirixentes do partido que fundara Manuel Fraga e levara ao cenit do poder José María Aznar, pícalles a curiosidade estos días por coñecer canto tempo vai continuar no poder Mariano Rajoy, tras dilapidar a súa maioría absoluta e pasarse ao "tancredismo" dende o que intimidou aos seus para que o sigan vendo como a única cabeza de lista posible de cara ás inmediatas eleccións lexislativas. Aínda así, a maioría dos seus compañeiros de partido comentan "polo baixini" que Mariano é un mal candidato a liderar un goberno de pacto tras eses comicios e sobre todo, de ningunha das maneiras, é o Moisés que ten que faceles travesar o Nilo da corrupción e dos escándalos xudiciais para guialos, sans e salvos, á terra prometida, ou sexa: ao futuro.


Por iso, non é de extrañar que destacados dirixentes saquen á luz nese Madrid político que é "o gran cenáculo" das Españas, nomes de candidatos a suceder á "xoia do Lérez" sen que en realidade, ninguén se atreva a non pensar que o propio Mariano elexirá ao seu sucesor ou sucesora, como xa fixo o seu predecesor no mesmo cargo. E ahí é, precisamente, onde está o quid da cuestión. ¿A quén quere na calle Génova e por suposto, na Moncloa, o enigmático político galego?


Chegados a esa encrucillada, moitos peperos pensan que Soraya Sáenz de Santamaría se currou esa sucesión, como tamén a currara Rodrigo Rato que era o delfín de prestixio que tiña ao seu lado a Aznar e que ao final se quedou para vestir santos no Fondo Monetario Internacional para despois fuxir "por amor" daquel chollazo e pegarse a torta pai no seu regreso á política doméstica, onde cometeu erros de principiante e se deixou atrapar polos seus inimigos, a maioría do seu propio partido, ensinándonos a todos as súas vergoñas patrimoniais agachadas en oscuras empresas de testaferros e ata en lonxanos paraísos fiscais, que arruinaron a súa credibilidade e ata o seu moi próspero patrimonio persoal. Non parece este o caso de Doña Soraya que é moi lista, carece de fondo de armario, está moi preparada e conta con apoios internacionais moi poderosos, aínda que tamén padece de rexeitamentos internos moi sobresaíntes porque pisou demasiados callos no partido sen que a militancia acabe de querela "apasionadamente", o cal é todo un hándicap.


E neste punto do guión, é cando se vislumbra ao lonxe a sombra dun mozo tamén moi preparado, criado nas Novas Xeracións do PP nas que chega a ser o seu Presidente, educado en dúas Universidades españolas de recoñecido prestixio, onde estudiou economía e dereito, carreiras que logo soubo redondear en varios másteres en lugares nada comúns como Harvard, Navarra, o IESE, Deusto e a Complutense. E que, por se eso non fora suficiente, foi Xefe de gabinete de Aznar, onde coñeceu o que fai falta coñecer sobre as peculiaridades da política internacional aznarista cuxo anclaxe nas Azores é de sobra coñecido. Ademais, por se lle quedara algo por aprender gaña a súa acta de diputado e convértese no home da renovada comunicación popular da man, esta vez, do propio Mariano Rajoy. Ou sexa, coñece o partido popular dende as bases, traballou na Comunidade autónoma de Madrid, dirixiu toda unha campaña de municipais que o levou ata as Cortes tras aguantar a Aznar e a Rajoy, toda unha fazaña. Con semexante perfil, é como se ao noso personaxe, o PP o estivera preparando para ser candidato para algo moi importante no momento que iso fora necesario.



¿Chegoulle xa ese momento a este mozo nacido en Palencia en 1981 ou é todavía demasiado xoven para asumir graves responsabilidades de Estado? O tempo e os acontecementos que se precipitarán a partir do 26 de Xuño darannos a resposta. Pero Vds, por se as moscas, vaian apuntándose este nome que promete moito: Pablo Casado Blanco. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE