​O dispositivo anti incendios “non está preparado” para un verán como o de 2006

Os sindicatos pídenlle á Xunta que aumente e concentre os efectivos dispoñibles contra o lume


|



Cúmprense dez anos do fatídico verán de 2006 no que os incendios forestais arrasaron os montes galegos, e segundo denuncian os sindicatos Galicia non está preparada se se repite a situación.


A CIG, CCOO, UGT e CSIF denuncian de que o dispositivo non está en condicións de afrontar unha ola de incendios como a de aquel ano, por iso lle piden á Xunta que aumente o número de efectivos contraincendios ante unha “previsible campaña complicada”.


Aseguran que en lugar de "profesionalizar" un equipo "único e público", se ten optado por "empresas privadas, brigadas municipais, empresas semipúblicas, Protección Civil, militares, bombeiros...".


Por iso reclaman un retorno cara “un modelo público e profesional dos sistemas de extinción”, así como unha “suficiente e operativa dotación de medios”. Paralalemente, tamén fixeron un chamamento á cidadanía para que denuncie a actividade incendiaria. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE