#Claves de la semana

​O Sergas deberá indemnizar á familia dun home falecido a causa dun “retraso” nunha ciruxía

Ingresou no hospital de Lugo sentindo “molestias abdominais severas”, pero permaneceu varios días sen que lle fixesen diagnóstico.


|



O Sergas deberá indemnizar con 24.000 euros á familia dun home de 82 anos que faleceu en 2008 no Hospital Xeral de Lugo a causa dun “retraso” nunha ciruxía.


Ao parecer, o home ingresou no hospital sentindo “molestias abdominais severas”, pero permaneceu varios días sen que lle fixesen diagnóstico. Segundo indican dende o Defensor do Paciente, "en catro días” non se lle fixo “nada” ata que finalmente unha resonancia magnética diagnostica unha colecistitis aguda perforada.


O día seguinte de ser diagnosticada a dolencia, o home foi operado, pero resultou ser demasiado tarde e non conseguiu superar a operación.


A sentenza considera como “prexudicados” aos dous únicos familiares do paciente falecido, os seus sobriños, e aprecia “certa indeterminación no diagnóstico da doenza”. “O que en principio constituía unha prudente actitude conservadora tornouse en pasividade ante a mala situación clínica do paciente, con demora da intervención de cinco días”, apunta.



relacionada O Sergas deberá pagar 700.000 euros por un parto mal atentido
relacionada El Sergas deberá indemnizar a un paciente al que no operó a tiempo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE