#Claves de la semana

​Dúas tortillas galegas, entre as preferidas do 'comidista'

Trátase da que sirven en 'La Tita' de Santiago e no meson 'O Pote' de Betanzos


|


(foto: tripadvisor)


No popular blog de alimentación 'El comidista', dirixido por Mikel López Iturriaga, non ocultan o seu amor pola tortilla de patata, un plato que mercería "ser declarado Patrimonio Inmaterial da humanidade".



Por iso acaban de publicar unha listaxe con 10 das mellores tortillas que do país, entre as que como non podía ser doutra forma destacan un par de bares galegos.



O primeiro deles é un clásico de Santiago. Situada no 46 da Rúa Nova. 'La Tita' leva anos sendo famosa pola súa tortilla pouco feita, que non ten desaparecido nin cos sucesivos cambios de propietarios. Xa sexa na versión reducida que sirven coa caña ou na máis grande que che ofrecen se pides unha ración, é unha opción moi a ter cando apreta a fame nas tardes de Compostela.



A outra opción destacada polo blog é a tortilla do Mesón 'O Pote', situado no número 9 da Travesía do Progreso de Betanzos. Neste caso, estamos ante a gañadora do Premio Nacional de 2011, cunha tortilla case líquida que cunha fama sobradamente merecida.



Por suposto, hai moitos outros bares en Galicia que poderían ser incluidos na lista. Os autores recoñecen que non recorreron cada aldea da xeografía española. Iso sí, aceptan suxerencias!

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE