​AGE pide que España se opoña ao uso do glifosato

Reclaman que vote este mércores contra un herbicida “probablemente canceríxeno”


|



Alternativa Galega de Esquerda reclamou a través da súa eurodiputada Lidia Senra que España vote este mércores en contra da autorización durante nove anos máis do herbicida glifosato, no marco do Comité Permanente de Plantas, Animais, Alimentos e Penso, dependente da Comisión Europea.


Senra recorda que este herbicida esta considerado como “probablemente canceríxeno” para os humanos pola Organización Mundial da Saúde, despois de que se demostrara a súa influencia en tumores en animais.


Considera “moi serio” que os gobernos “sigan xogando coa saúde da poboación" ante os riscos “extremadamente graves” que pode traer consigo o glifosato, que pode permanecer en “auga, aire e alimentos” se se usa en agricultura, control de herbas, parques ou xardíns.


Critica que a Comisión Europea base a súa proposta de autorización do glifosato nun informe da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) que xa foi posto en cuestión pola comunidade científica e pide que España se una ao rexeitamento de países como Francia, Italia, Países Baixos ou Suecia.


INTERESES DE MULTINACIONAIS


Ademais, Lida Senra lamenta que os gobernos europeos teñan "máis interese" en defender os intereses das "grandes multinacionais" como Monsanto, que comercializa o 70% do herbicida, no canto dos dereitos dos cidadáns.


Tamén fai fincapé nos perigos que implica o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP), xa que os Estados Unidos conta cunha normativa "máis permisiva" para cuestións como os transxénicos, e coa entrada en vigor dese acordo "sería aínda máis difícil a loita" contra este tipo de produtos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE