#Claves de la semana

Almuíña insiste: os retrasos oncolóxicos do CHUS foron subsanados

En relación ao caso que saltou hai dúas semanas, alega que "non podemos discutir cada actuación"


|


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, respaldou no parlamento galego á xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, avalando que os retrasos de máis de medio ano nas revisións de pacientes oncolóxicos responderon a un error "puntual" que foi "subsanado inmediatamente", de forma que os afectados volveron a ser citados para "este mesmo mes". 


Unha resposta que non acaba de convencer á deputada de AGE, Eva Solla, que alertou da "gravidade" da reprogramación de citas, instando ao conselleiro a aclarar por qué "a semana pasada saltou a denuncia dunha uller con cancro de colon que ten que pasar nove meses esperando pola consulta para saber se ten metástase".


Ante esta demanda, o conselleiro recordou que o se tramitan unhas 30.000 consultas ao ano, para manter que "non podemos discutir cada actuación dos grandes profesionais sanitarios que se ocupan deste servicio no CHUS", asegurando ademais que o sistema sanitario se preocupa "de forma especial" polo trato aos pacientes oncolóxicos. 


O CASO DE MARÍA JOSÉ ÍNSUA


O caso polo que preguntaba Eva Solla era o denunciado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS no que María José Ínsua tiña que esperar ata finais outubro para saber se padece metástase do seu cancro na columna vertebral.


Tras cinco meses agardando por unha resonancia de carácter preferente, o mesmo día que se fixo pública a denuncia o hospital púxose en contacto con ela e realizoulla nesa mesma tarde. Pero cando se dirixiu a cita previa para pedir data para ver os resultados, comprobou que esta fora fixada para o 28 de outubro.


Unha vez máis, a asociación de pacientes fixo pública esta demora, dando como resultado que fose atendida ao día seguinte despois da intervención directa da xerencia. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE