#Claves de la semana

​AGE reclama que a Xunta se "sente a negociar" cos inspectores farmacéuticos

Apoian as reivindicacións dun colectivo que iniciou unha folga indefinida o pasado 18 de maio


|



Alternativa Galega de Esquerda apoiou este xoves as reivindicacións do colectivo de farmacéuticos inspectores de saúde pública, en folga indefinida dende o pasado 18 de maio. Pídenlle á Xunta que se "sente a negociar" unhas "condicións de traballo dignas", que pasen por un incremento de recursos materiales e humanos que se axusten ao volume de traballo, para así poder prestar un servizo de calidade.


A deputada de AGE Eva Solla fixo súas as reclamacións dun colectivo con responsabilidades que inclúen dende a revisión de augas de traída e de colexios, torres de refrixeración, piscinas, praias, albergues do Camiño, centros de tatuaxe ou sistemas de auga quente, hospitais e residencias, entre outros.


Solla denunciou que a escaseza de persoal provoca que "non hai persoas para atender urxencias", dado que non existen quendas de tarde nin en fins de semana ou festivos para atender unha alerta, ademais de que tampouco hai traballadores suficientes para cumprir os programas nin os controis de augas por exemplo.



A deputada entende esta situación como un problema "grave", tendo en conta antecedentes de problemas de turbidez de auga como un en 2011 "que non transcendeu aos medios de comunicación", como si ocorreu o pasado verán no concello de Ferrol ou a redución da periodicidade das inspeccións en centros do rural que teñen auga de traída ou de pozo (pasando de visitas semanais e seis mostras ao ano a unha ou dúas visitas en todo o exercicio).


Por iso, Solla trasladou o "total apoio" do grupo de AGE ás protestas e reivindicacións deste corpo á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade, e esixiu que se inicie unha "negociación" para lograr revertir a "progresiva deterioración" do servizo.


A viceportavoz de AGE trasladou ao Goberno galego que debe facerse cargo desta situación que "pon en perigo a saúde dos galegos" e avanzou que trasladarán preguntas a comisións e ao Pleno sobre esta problemática.

relacionada ​Acusan á Xunta de intentar “boicotear” a folga dos inspectores farmacéuticos
relacionada ​Os sindicatos, dispostos a "buscar unha solución" para desconvocar a folga de inspectores farmacéuticos
relacionada ​Comeza cos servizos mínimos denunciados a folga dos inspectores farmacéuticos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE