​Almuíña asegura que "ningún paciente que necesite unha cama terá problema"

|




O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, saiu ao paso das críticas que está provocando o peche previsto polo Sergas de máis de 900 camas durante o verán, con varias concentracións de protesta en cidades como Santiago, Vigo e A Coruña.


Ante as preguntas dos xornalistas, Almuíña minimizou a relevancia das cifras relativas ao peche de camas, indicando que "o importante" é trasladarlle á cidadanía a garantía de que "ningún paciente que necesite unha cama terá problema" para acceder a ela.


"A (cifra exacta) non é o máis importante, o que estamos a facer é planificar a actividade para os próximos meses, uns meses nos que baixa a actividade porque non hai a ocupación alta dos meses de inverno, por exemplo, coas enfermidades respiratorias", reflexionou, en declaracións aos medios.


O conselleiro indicou que o que se fai "é unha previsión" en cada área, polo que as cifras son "estimativas". Pero asegura que "nunca haberá problema de camas", e que, quen sexa atendido en calquera hospital galego, "terá á súa disposición a cama e o persoal".


Ante a insistencia dos medios sobre o nivel de peche, limitouse a manifestar que é "un pouco menos que outros anos", pero insistiu en que o "fundamental" non é "falar de camas, senón que cada vez hai máis actividades ambulatorias e se necesitan menos camas".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress