O paro

Manuel Fernando González Iglesias

Alégrome moito que as estatísticas oficiais nos digan que o paro baixou dos catro millóns en España. É unha boa noticia, sen matices políticos que poidan alterala. Outra cousa son os datos que teñen os sindicatos sobre os parados de longa duración, as persoas que desaparecen das listas porque se lles terminaron as prestacións sociais, os mozos que non atopan emprego e vanse fóra e os contratos para a miseria que tanto proliferan no mercado laboral. Ambas as maneiras de contar os postos de traballo son válidas e ningunha das dúas se trabucan, pola sinxela razón de que, cada quen, pode ver as cousas da cor que máis conveña aos seus intereses.


A min, persoalmente gústame ser optimista, porque andar de pesimista polo mundo do traballo non soluciona o problema do desemprego. Pero tampouco é cousa de ser inxenuo e deixarse levar polo ‘buenismo’ gobernamental, sobre todo, se estamos en plena campaña electoral. O paro en España é, desde hai moitos anos, un drama insuperado, e se non lle atopamos unha solución seria e continuada, seguiremos sendo pobres polos séculos dos séculos.


Xutarse unha pequena dose de HMT (Hai Máis Traballo) non afecta a tensión arterial e con todo, é un estimulante natural moi beneficioso para mellorar o noso ‘alicaído’ estado de ánimo colectivo. Logo, co cambio de estación, as cifras xa sabemos que empeoran, pero, como iso sucederá despois do verán, deixemos que este transcorra plácidamente, xa que logo a economía nos recolocará onde realmente esteamos. Se polo camiño algún dos que atopou emprego agora queda entre os que non volven ao paro, mellor que mellor, porque é o que gañamos todos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress