#Claves de la semana

Unhas 700 persoas marchan na Coruña para concienciar sobre a parálise cerebral

Unha marcha solidaria reclamou cidades máis accesibles


|

Aspace1


Unhas 700 persoas rodaron este domingo na Coruña sobre patíns, bicicletas, patinetes, sillas de rodas... nunha marcha organizada pola Federación ASPACE Galicia para concienciar sobre a parálise cerebral. 


Trátase da segunda edición dunha marcha que tivo como punto de partida a chaira da Torre de Hércules. Un grupo formado por 40 motoristas foi o encargado de abrila, seguidos por usuarios das entidades de ASPACE Galicia; membros de grupos deportivos, como os Galicia Rollers, Alquimia In Line e o club de patinaxe artística Brincadeira; membros de diversas entidades, como GRUMICO e ADCOR; ademais do resto de participantes que quixeron apoiar coa súa presenza este iniciativa "reivindicativa e integradora".


O percorrido, que transcorreu polo paseo marítimo, serviu para dar visibilidade ás capacidades do colectivo das persoas con parálise cerebral, así como para reivindicar a accesibilidade no ámbito urbano.


A marcha tivo o seu final na chaira do Estadio de Riazor, onde usuarios de ASPACE Coruña leron un pequeno manifesto no que se apostou por cidades "máis humanizadas onde todos teñan cabida"; ademais de reivindicar a necesidade de "apoiar e axudar" a este colectivo en diferentes ámbitos, como son "o emprego e a vivenda".


As intervencións do presidente de ASPACE Galicia, Eulogio López; o campión nacional e deportista paralímpico na modalidade de tenis en cadeira de rodas, Álvaro Illobre; e do presidente do CERMI Galicia, Anxo Queiruga, deron paso a un sorteo de agasallos co que se puxo punto final a esta xornada na que o colectivo con parálise cerebral foi o auténtico protagonista.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE