#Claves de la semana

O concello de Pontevedra recorrerá a prórroga de ENCE na Audiencia Nacional

Despois de que o ministerio non contestase o seu requerimento previo


|

Manifa 2


Pontevedra segue loitando contra a prórroga de Ence por todos os medios ao seu alcance. Se esta fin de semana unha multitudinaria manifestación reclamaba por segunda vez na rúa a reversión da prórroga, agora é o propio concello o que decidiu interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante a Audiencia Nacional contra a decisión do goberno en funcións de Mariano Rajoy de ampliar a concesión da empresa pasteira para operar en Lourizán ata o ano 2073.


Segundo informou o voceiro do goberno local do BNG, Raimundo González, toman esta decisión despois de que o requirimento previo presentado o 22 de marzo non fose contestado por Medio Ambiente. Esgotado o prazo de resposta, enténdese que esta é negativa e que se ratifica a decisión inicial. 


Por iso decidiron acudir á xustiza, presentando un recurso que demandará que a fábrica de Ence "non siga aí aínda que a pinten de rosa". Reiteran o "grave problema ambiental" que, ao seu xuízo, xera a pasteira na ría, asegurando que o concello non parará "ata que saiadas marismas de Lourizán".


González tamén cualificou como "un brinde ao sol para lavar a súa imaxe" os movementos que está a realizar o grupo Ence nas últimas semanas, aproximándose a diferentes colectivos e entidades da comarca.

relacionada Unha multitudinaria marcha pide o peche de Ence en Pontevedra e o fin da "eucaliptización de Galicia"
relacionada ​Pontevedra sae de novo á rúa contra ENCE
relacionada El Congreso reclama anular la prórroga de ENCE
relacionada O Goberno en funcións prorroga 60 anos a concesión de Ence en Pontevedra
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE