#Claves de la semana

​Traballadores da Xunta reclaman a devolución de "dereitos fundamentais"

Denuncian a "discriminación" do personal laboral que traballa a quendas


|


Delegados sindicais e traballadores públicos concentráronse este martes ante a Xunta de Galicia para intentar "disuadir ao goberno autonómico das súas políticas de recorte", esixindo que se retome a negociación colectiva para que lle sean devoltos os "dereitos fundamentais" que segundo eles lles "roubaron durante este anos".


En concreto, centran gran parte da súa reivindicación na situación que vive o persoal laboral que traballa a quendas para a administración, un colectivo que integra persoal de oficina, atención a persoas disminuidas, residencias de maiores, bombeiros forestais... e que segundo os sindicatos é o que máis recortes tivo que soportar.


Juan Carlos Rivas (CSIF) considera que se está "atentando contra o principio de igualdade", negándolle a estes traballadores compensacións que reciben os demais por asuntos como traballar os días 24 e 31 de decembro. Manuel Gallardo (CIG) incide en que durante o verán se lle reduce o horario ao persoal que traballa en quenda fixa de luns a venres, sen que o persoal que traballa a quendas teña algún tipo de compensación equitativa.


Pola súa banda, Carlos Hermida (CCOO) engade que non se están respetando as 48 horas de descanso semanais ininterrumpidas ás que tiñan dereito anteriormente. Agora ten "tan só 36 horas de descanso", ademais de que "nos quitaron as compensacións por domingos e festivos".


Por último, Fina Martínez (UGT) fixo fincapé en que dende a Xunta están "promocionando a conciliación" cando "non se están cubrindo permisos por falecemento, non están dando os asuntos propios" e hai "inconvintes" para coller o período vacacional.


Esixen que se retomen as negociacións nesta mesma lexislatura, aproveitando que "se nos está anunciando unha recuperación económica". Como medida de presión, ten previsto para este xoves día 9 concentracións ante os edificios administrativos das catro capitais de provincia. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE