#Claves de la semana

​Os exdeputados de En Marea desviarán as súas indemnizacións cara os seus partidos

Limitan o cobro individual a tres veces o salario mínimo


|

Os catro exdeputados galegos de En Marea cobraron as indemnizacións ás que tiñan dereito trala lexislatura máis curta da democracia, duns 8.200 euros, á que en Galicia tan só renunciou podendo cobrar a socialista Dolores Galovart.


Pero aseguran que esta cantidade será desviada na súa maior parte cara as súas organizacións políticas, de forma que individualmente percibirán unha parte equivalente a tres veces o salario mínimo interprofesional, uns 2.000 euros. A única excepción será a do ourensán David Bruzos, que preferiu donar a súa indemnización a ONGs e colectivos sociais.


Esa foi a explicación da exdeputada e candidata á reelección Alexandra Fernández, que asegura que con este desvío de fondos En Marea mantén o seu compromiso de que os cargos públicos "ten que dar exemplo" porque "a xente está pasándoo mal".


Pero non ten conseguido acalar as críticas, os demais partidos repróchanlle que seguen cobrando as indemnizacións independientemente de a qué as destinen, recordando que anteriormente ten criticado este tipo de cobros. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE