​O BNG parodia o debate a catro

Para denunciar a "amnesia selectiva" con Galicia que observan nos principais candidatos á presidencia


|


O Bloque nacionalista galego non estará presente no debate a catro que manterán esta luns os principais candidatos á presidencia do goberno, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e Albert Rivera. Pero os nacionalistas montaron o seu propio debate, unha parodia coa que quixeron denunciar a " amnesia selectiva con Galicia" que segundo eles mostran o resto de formacións, acordándose só da comunidade en campaña.


No fornelo da Praza Maior de Lugo, o debate 'Ejpaña a catro' contou coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e os cabezas de lista ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, e A Coruña, Carlos Callón.


"Desde o BNGqueremos coller da man a todas esas persoas que están cansadas porque non chegan a fin de mes, cansadas porque non teñen traballo, que están esgotadas de ver como os catro magníficos se rin delas desde a televisión e só están preocupados dos seus intereses. Queremos dicirlles a todas esas persoas que hai esperanza e que a esperanza é o BNG”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón.


Neste sentido Carlos Callón animou a "coller o cronómetro e contar cantos segundos do debate adican a Galiza, aposto a que serán cero. E despois comparen cos que teñen os asuntos de Cataluña, Madrid ou Andalucía”. Neste sentido, Rodil denunciou a "exclusión sistemática dos problemas de Galicia" nestes debates e avogou por "visibilizar a alternativa real en clave autóctona". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE