​Os arqueólogos galegos ábrense á poboación

|

Arqueoloxia



Dende o Consello da Cultura Galega son conscientes de que existen formas moi diferentes de achegarse á actividade arqueolóxica. Recoñecen que para unha parte da poboación é "esa profesión que paraliza e atrasa as obras", mentres que para outros é unha "paixón" ou mesmo "unha auténtica descoñecida".


Por iso organizan unhas xornadas abertas á sociedade, nas que máis de vinte especialistas e profesionais que traballan arredor da arqueloxía participarán durante dous días nun encontro encamiñado a establecer o presente e o futuro da arqueoloxía galega desde todos os ángulos posibles: desde a docencia ata a profesión, pasando pola investigación científica.


Un encontro que todo o mundo pode seguir en directo a través da web consellodacultura.gal. Tamén se pon a disposición da poboación unha enquisa anónima na que poden dar a súa opinión sobre o sector da arqueoloxía.


As xornadas comezan cunha mesa titulada “Os profesionais da arqueoloxía antes os desafíos do século XXI” e pensada para ofrecer unha visión panorámica da situación actual e unha prospección de futuro, é dicir, dos retos que quedan por acometer. A segunda mesa, moderada por Rebeca Blanco-Rotea, fará un repaso polas iniciativas e proxectos desenvolvidos nos últimos anos en Galicia. Nela daranse a coñecer os convenios e contratos da universidade con empresas para realizar actuacións nesta materia, así como a visión de arqueólogos profesionais como Luis F. López González ou Fermín Pérez Losada. A primeira sesión pecha cunha terceira mesa centrada no ensino, na oferta e nos programas docentes relacionados co ámbito arqueolóxico tanto no marco universitario como fóra del, e nela participan Pilar Prieto, Pastor Fábrega e Beatriz Comendador Rey.

A xornada do mércores 15 centrará o foco en dúas cuestións centrais: dunha banda a actuación da Administración e, da outra, a percepción pública e profesional sobre a arqueoloxía. A cuarta mesa ten como título “Xestión recente do patrimonio arqueolóxico”. Miradas desde a Administración” e está moderada por Teresa Nieto, arquitecta especialista en planeamento e membro do Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Nela falarán profesionais pertencentes a diferentes administracións (local, provincial e autonómica) para reflexionar sobre xestións e proxectos relacionados con esta materia. As xornadas conclúen cunha quinta mesa pensada para recoller as miradas doutras profesións sobre a arqueoloxía galega. Un arquitecto restaurador, un arquitecto urbanista, un enxeñeiro de camiños, un especialista en planeamento e un investigador conforman os perfís profesionais desta mesa.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress