#Claves de la semana

O BNG estudará "con lupa" os pactos que ten asinados co PSOE

Os nacionalistas cualifican a ruptura na Deputación de Lugo como "un precedente moi difícil", que bate contra os acordos para "transformar" os entes provinciais.


|


Bieitolobeirahorizontal


O responsable da área de Organización do BNG, Bieito Lobeira, afirmou este martes que os nacionalistas "revisarán" e farán un "seguimento estrito" dos pactos que manteñen cos socialistas nas Deputacións da Coruña e Pontevedra. O dirixente nacionalista desprazouse este martes a Lugo, despois da reunión da Executiva Nacional do BNG deste luns na que se deu por roto o acordo de goberno bipartito no ente provincial, despois de que o PSOE pactase co PP os orzamentos da institución, así como co deputado non adscrito, que é o alcalde de Becerreá e que ten aberto un expediente sancionador no PSOE.


Na súa intervención, Lobeira apelou, respecto ao acordo a tres en Lugo, a que "hai unha gran coalición nauseabunda, conformada por unha banda caciquil no Partido Popular, sumada por un tránsfuga obsesivamente ególatra co concurso do Partido Socialista". Lobeira atopa "unha decisión consciente e deliberada de preferir un acordo co PP, que darlle a volta e transformar esta institución da man do BNG", subliñou.


"REVISAR"


Lobeira puxo o acento en que isto obriga aos nacionalistas "para revisar a política de pactos co PSOE", porque, advertiu, o BNG considérase "unha forza política seria" que, cando chega a un acordo político, "é para facerlle seguimento e efectivizarlo". "No resto das institucións, nas deputacións da Coruña e de Pontevedra, e outros concellos, o que queremos é que eses acordos se cumpran", advertiu.


Neste sentido, deixou claro que eses pactos estudaranse con "lupa", porque "establecen unha serie de compromisos en canto á funcionalidade destas institucións, de baleirado progresivo de transferencias á Xunta de Galicia, de democratización, de participación, de impedir o uso fraudulento de fondos das deputacións". "O que imos facer é realizar un seguimento estrito, a piques de cumprirse un ano da nosa presenza nesas institucións para comprobar o nivel de cumprimento, porque isto (por Lugo) é un precedente moi difícil", manifestou.


EFECTIVIZAN A RENUNCIA


Pola súa banda, os deputados do BNG na Deputación de Lugo, Antonio Veiga, como vicepresidente provincial, e Xosé Ferreiro, encargado da área de Cultura e Deportes e portavoz, presentaron a súa renuncia para seguir formando parte do goberno bipartito no pleno ordinario que se celebrou este martes, seis meses despois de que subscribisen unha moción de censura contra a popular Elena Candia.


OS CAMBIOS AO LONGO DA SEMANA


Unha ruptura que dixo descoñecer o presidente, o socialista Darío Campos, confesando que aínda "non" tiña pensado como afrontar a reestruturación do goberno. Fontes da súa contorna apuntaron que ao longo da semana coñeceranse eses cambios, dun goberno que queda con dez deputados (PSOE), fronte aos 12 do PP, dous do BNG, máis un deputado non adscrito. Campos recoñeceu que "non" contaba coa renuncia, apelando a que tentou o consenso "con todos os grupos" para a aprobación dos orzamentos provinciais.


VOLVER AO GRUPO


Esta quebra do goberno bipartito podería abrir as portas a Martínez para que regrese ao grupo provincial socialista do que foi expulsado por aprobar iniciativas auspiciadas polos populares e así o recoñecía antes do pleno.


"Manuel Martínez sempre estivo aberto a retomar a súa posición no grupo socialista", dixo, antes de avanzar que ao longo da semana dará a coñecer un "novo recurso", no que volve reivindicar que "non hai motivo ningún para que Manuel Martínez estea fóra do grupo provincial, nin do Partido Socialista"."Hai marxe para o acordo, para que a normalidade volva ao grupo provincial e ao partido socialista na nosa provincia", sostivo.

relacionada ​O BNG rompe o bipartito da Deputación de Lugo
relacionada A Deputación de Lugo consegue aprobar os Orzamentos deste ano
relacionada El alcalde de Becerreá pide que se anule su expulsión del PSOE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE