Que non nos pase nada!

Antón Alonso

Tras as Eleccións Xerais do pasado día 26 xunio, neste país- que segue chamándose España a pesar de que a lista máis votada está formada por ignorantes, corruptos e outras especies, mesmo con persoas normais de boa fé- ten ante se un panorama pouco alentador, tendo en conta que parece difícil de explicar que 8 millóns de votantes elixisen as listas do Partido Popular para gobernar o referido país.


Esta aseveración non pretende negar os seus dereitos constitucionais senón de mostrar o asombro e a incredulidade que supoñen que, esta masa da poboación dese a súa confianza a unha serie de corruptos, que demostraron sobradamente do que son capaces, e que -salvo contadísimos casos- soamente buscan o facerse ricos, como sexa, mediante todo tipo de trangresións á lei, apropiacións indebidas, malversación de fondos, e unha longa lista de delitos que faría interminable este artículo.


Todo isto leva a un observador imparcial á seguinte realidade: soamente a ignorancia e/ou problemas mentais poden xustificar que se produciu unha votación deste tipo por perto de 8 millóns de españois que deberían coñecer o que o Partido Popular fixo durante o últimos catro anos .


Todo isto ten que ser un pesadelo. Sería incrible, e terrible ata o insoportable, que de verdade os españois merecésemosnos outros catro anos de goberno do PP. Si, do PP de Bárcenas, de Rato, de Granados e Aguirre, de Jaguars no garage, da ex ministra Mato, da Gürtel e a Púnica, de Soria e Fernández Díaz, de Fabra, de Camps e de Matas, da sede construída con diñeiro negro. Do partido ao que a Garda Civil definiu "organización criminal" e "asociación para delinquir". Como con todo isto se pode ignorar ou esquecer á hora de votar nestas Eleccións Xerais ?


A Reforma Laboral que afunde aos traballadores, a reforma da educación, que impide estudar a quen teña unha economía humilde, o despilfarro do "peto das pensións", o desaxuste en moitos gastos sociais, cando outros están esquecidos como unha aplicación xusta da Dependencia para os españois sen medios económicos adecuados, e outros moitos exemplos da terrible mostra de neoliberalismo que aplica o Partido Popular, son exemplos máis que suficientes para non votar a esta tropa de delincuentes e corruptos que están agochados no PP.


Pois a pesar de todo e quizás. -entre outras razóns pola súa política do medo- “que veñen os comunistas e os vermellos”- por unha xigantesca ignorancia, déronse estes resultados electorais. É dicir a ignorancia e a corrupción poden gobernar España no próximos catro anos.


Que ninguén se engane, o risco que produce esta ignorancia apoiando a corruptos pode producir neste país un caos inimaxinable, mentres o PSOE busca resposta nunha margarida, se apoia ou non aos corruptos. Mentres Cidadáns disponse a enganar aos españois revestindo de nornmalidad o seu apoio aos corruptos e Unidos-Podemos demostra que con ter só un título de politólogo non se goberna.


Definitivamente demostrouse que a incultura política deste país e de tal calibre ou de tan baixa escala moral, que pódenos levar a un caos ecómico e social de consecuencias impensables, propiciado por igorantes e corruptos. Que non nos pase nada!.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE