#Claves de la semana

​Non vai haber adianto na data das autonómicas de outono

Feijóo segue sen dar a coñecer "o domingo exacto", pero limita os posibles domingos a dous: o 16 ou o 23 de outubro.


|

FeijoodesayunostveAs eleccións galegas serán o 16 ou o 23 de outubro. Así o adiantou esta mañá Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista concedida a Los Desayunos de TVE. O presidente da Xunta insiste en que vai esgotar a lexislatura en Galicia e recordou que as anteriores autonómicas, as de 2012, se celebraron o 21 de outubro. Polo, tanto, a súa intención é repetir datas, pero deixou no aire a que será a definitiva: "lamentablemente neste momento non o podo dicir".


No calendario de 2016 os domingos máis próximos son o 16 e o 23 de outubro, días nos que Núñez Feijóo "supón" que volvan coincidir tamén as eleccións no País Vasco, tal e como afirmou a semana pasada. "É verdade que as dúas últimas contendas electorais, en 2009 e 2012, fixémolas co País Vasco, e hai unha serie de condicionantes que están encima da mesa", dixo, sen precisar a que se estaba referindo.


Feijóo falou tamén de posibles pactos para gobernar España e insistiu na 'gran coalición' para "facer un gran servizo ao país" e dar a Europa unha mensaxe de estabilidade. "O PSOE sabe que ten as portas abertas para falar da gobernabilidade de España no formato e na fórmula que considere máis oportunos", dixo.


SITUACIÓN COMPLICADA

O presidente galego recoñeceu que a situación é máis complicada que en 1996, e deu por feito que sería máis sinxelo formar goberno se o PP puidese alcanzar a maioría absoluta só co apoio de PNV e Coalición Canaria (CC).


En todo caso, avisou de que se non se forma un goberno pronto o país "pode colapsar" porque as comunidades autónomas necesitan coñecer o teito de gasto para 2017 e teñen que aprobalo as Cortes a proposta do Goberno. Entre tanto, dixo, as comunidades autónomas non poden facer os seus orzamentos e non saben canto diñeiro teñen para investir en educación ou en políticas sociais.

relacionada ​La fecha de las elecciones no dependerá de "intereses partidistas"
relacionada ​Beiras: "No se va a decidir en Madrid lo que se va a hacer en Galicia"
relacionada ​Esquerda Unida mete prisa para elegir candidato
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE