#Claves de la semana

A néboa non volverá desviar voos do aeroporto de Santiago

O sistema de axuda para condicións de baixa visibilidade tívose que desconectar durante o mes de xuño para ser renovado.


|

AeropuertolavacollaO Aeroporto de Santiago activou durante a noite deste luns o sistema de axuda á aterraxe en condicións de baixa visibilidade ILS, que permaneceu fóra de servizo no último mes polos labores de renovación e mellora da instalación, provocando numerosos desvíos no aeródromo compostelán por mor da néboa.


Entre as actuacións levadas a cabo, dentro do proceso de adaptación á normativa do novo regulamento europeo (UE), está a fragibilización -conversión en elementos de fráxil rotura- dalgúns dos equipos que conforman o ILS da pista 17, co obxectivo de que non provoque danos nas aeronaves en caso de colisión.


Para realizar estas obras, foi necesario dar de baixa o sistema durante o tempo que duraron, catro semanas, un período no que Lavacolla sufriu numerosos desvíos de voos pola néboa á primeira hora da mañá.


A execución das obras planificouse no mes de xuño, por ser no que historicamente, cos datos meteorolóxicos dos últimos 25 anos, se producen menos horas de baixa visibilidade no Aeroporto de Santiago.


Máis adiante, informou Aena, teranse que acometer actuacións na pista 35, tamén relacionadas co proceso de adaptación á nova normativa, aínda que se prevé que estas actuacións non teñan "apenas afeccion ás operacións do aeroporto".

relacionada ​Denuncian unha débeda de "máis de 70.000 euros" cos vixiantes de Lavacolla
relacionada Vueling estrena nueve rutas desde su nueva base en el Aeropuerto de Santiago de Compostela
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE