#Claves de la semana

​Denuncian a subcontratación irregular nos servizos de limpeza do CHUS

Os sindicatos detectaron que a empresa adxudicataria asigna traballadores do seu centro especial de emprego para labores ordinarios. A Xerencia di que apercibiu a empresa.


|

ChussantiagoA presidenta do Comité de Empresa do servizo de limpeza do Hospital Clínico, adxudicado a CLECE, vén de presentar unha denuncia diante da Inspección Laboral por mor da subcontratación irregular de CEE INTEGRA para desenvolver traballos ordinarios de limpeza no Hospital Clínico. Así o trasladou a CIG nun comunicado, no que sinala que, xunto con CCOO e UGT, denuncian que, malia ser coñecedora da situación, a Xerencia do complexo hospitalario non ten adoptado medida algunha para corrixir esta situación.


Segundo o comunicado, o Comité de Empresa de Clece tiña detectado xa con anterioridade "a presenza de traballadores alleos a CLECE prestando servizos nesta contrata". A explicación da Xerencia ao comité foi que CLECE tiña solicitado autorización para subcontratar con CEE INTEGRA exclusivamente limpezas especiais e xerais non ordinarias desde xaneiro deste ano.


Porén, dende os sindicatos afirman que este mesmo mes de xullo o Comité detectou persoal de CEE INTEGRA desenvolvendo "labores ordinarios de limpeza até o punto de que as traballadoras que adoitaban realizalos foron desprazadas deses postos", incumprindo así o convenio colectivo.


A este respecto, o CHUS replicou que desde a xerencia "non se autorizou ningunha subcontratación non contemplada no concurso". Engadiu tamén que, no momento no que coñeceu os feitos "xa emprendeu as accións administrativas de apercibimento cara á empresa correspondentes", polo que "espera e confía" en que este asunto "quede resolto definitivamente".


As centrais sindicais critican tamén que a propia Directora de Hostalería estivese "supervisando estes traballos" e pregúntanse se a Xerencia vixiou o cumprimento da normativa laboral que contempla, entre outras cuestións, que "as persoas subcontratadas por CEE INTEGRA teñen que gozar das mesmas condicións económicas e sociais que o resto de traballadores e traballadoras deste servizo de limpeza".

relacionada ​Danlle cita para novembro a unha bebé que debería ser atendida en 15 días
relacionada ​Convocan novas concentracións ante o peche de camas no CHUS
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE