​Unións Agrarias quere atallar os accidentes de traballo no rural galego

|

Tractor

Unións Agrarias (UU.AA.) prepara, xunto co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSG), un plan de información ao rural que aspira a concienciar sobre a necesidade de aplicar "todas as normas de protección" nos labores realizados en granxas ou parcelas e, deste xeito, reducir os accidentes de traballo no sector.


Para iso, o sindicato agrario poñerá as súas oficinas a disposición do Instituto, segundo indicou Unións Agrarias nun comunicado. Nas instalacións, situaranse puntos de información sobre seguridade e habilitaranse aulas de formación para reforzar o coñecemento de técnicas e instrumentos que permiten mellorar a protección nestes traballos.


Así mesmo, o sindicato sinalou que este ano houbo diversos accidentes "sobre a seguridade e integridade" das persoas en actividades relacionadas co sector primario. En concreto, advertiu da gravidade dos accidentes relacionados con tractores e máquinas arrastradas e, no caso das ferramentas de man, do perigo de motosierras e rozadoras.


Precisamente, onte falecía no acto un veciño de 43 anos da localidade ourensá da Bola nun accidente de tractor, segundo informou a central de Urxencias Sanitarias de Galicia. Son numerosos os sinistros deste tipo que se dan cada ano en Galicia.

relacionada Muere un niño atropellado por el tractor de su padre

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress