​Lugo perde un tren de mercadorías conectado co País Vasco

|

Trenmercancias

CCOO critica a supresión por falta de maquinistas do servizo de mercadorías que unía o concello lugués de Xove con destino a Ariz (Biscaia). Trátase dun tren que transportaba aluminio e madeira.


Desde o sindicato alertan que a supresión desta liña "prexudica gravemente" as empresas transportistas que investiron neste sistema e tamén ao seu persoal, así como aos traballadores de ADIF relacionados con este servizo. Severino Rodríguez, coordinador do sector ferroviario de CCOO de Galicia, alerta de que a falta de maquinistas está provocando a supresión de "múltiples frecuencias". Lembra o caso da desaparición do transporte de contedores da Coruña e a supresión do posto de maquinista de mercadorías desa terminal.


Este "desmantelamento", explica Rodríguez, levará a que os oitenta vagóns semanais se traducirán "nuns 150 camións máis polas estradas, co incremento de contaminación, conxestión viaria e maior consumo enerxético."


Desde o sindicato esixen "un verdadeiro plan de investimentos" para impulsar o transporte de mercadorías por ferrocarril, pois mentres en España representa o 3,8% do total, a media europea sitúase no 15,5%.

relacionada ​Inspección de Trabajo obliga a Renfe a hacer fijo a un maquinista con contrato temporal
relacionada Maquinistas de Renfe convocarán más huelgas si no logran acuerdos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress